CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


16316 votos
Votar | | | |


18-01-2014

Inspección de Traballo recoñece a relación laboral do profesorado Celga coa Xunta e insta a esta a unha contratación axeitada

Conferencia de prensa do profesorado Celga no Parlamento (foto: AGE)
A asemblea de profesorado de formación en galego de persoas adultas que organiza a SXPL leva tempo denunciando os problemas de planificación e xestión dos cursos, e tamén a precaria e irregular situación laboral. Agora acaban de dar a coñecer o informe da Inspección de Traballo (que publicamos aquí) en que lles dá a razón e que propón unha forte sanción económica á Xunta


En conferencia de prensa no Parlamento, o profesorado dos cursos de galego para adultos –co apoio do PSdeG, AGE, BNG, CIG, STEG, CUT, A Mesa e CTNL– anunciou que a Inspección Provincial de Traballo da Coruña, despois dunha inspección á Secretaría Xeral de Política Lingüística, elaborou un informe, con data de 14 de novembro (e que podes descargar ao final desta nova), en que recoñece a relación laboral do profesorado Celga coa Xunta, e instou a Tesouraría Xeral da Seguridade Social a que aplicase as cotizacións correspondentes polos períodos en que este persoal desenvolveu cursos Celga nos últimos cinco anos. Este recoñecemento supón que a Xunta debe aboar ao redor de 300.000 € por non ter a este profesorado dado de alta na Seguridade Social, por non cotizar por el como corresponde e por non recoñecer os seus dereitos laborais. Esta cantidade incrementarase considerablemente, xa que pronto acontecerá o mesmo nas outras tres provincias e porque o profesorado tamén pretende que se recoñeza a relación laboral nos demais traballos que desempeña para a SXPL (cursos de linguaxes específicas, cursos en liña e avaliacións) xa que se trata de tarefas que se veñen desenvolvendo habitualmente dende hai anos.

Segundo sinalan desde a Asemblea do profesorado, "este recoñecemento por parte da Inspección de Traballo demostra que a Consellaría de Educación mentiu cando, en dúas comparecencias parlamentarias na comisión de Cultura e Educación e a través dunha nota de prensa colgada na súa web, afirmou que estabamos traballando conforme á lei, a través de contratos de obra e servizos".

Esta nova situación debe servir de punto de partida para repensar unha nova maneira de xestionar o sistema Celga

Por unha parte, estarían garantidos os dereitos laborais do persoal ao servizo da formación de adultos/as en galego que promove a SXPL, o que pode supoñer que sexa conveniente crear un grupo estable de traballadores/as que se encarguen de desenvolver todos os traballos relacionados coa formación de adultos da SXPL. Ademais non se volverían producir situacións coma as dos últimos anos, nas que se viron reducidas considerablemente as retribucións ao profesorado sen posibilidade de abrir un proceso de negociación coa administración.

Por outra banda, tamén debería significar que a SXPL asuma un cambio de modelo á hora de xestionar a formación de adultos/as: organización de cursos en distintas épocas do ano, garantir que haxa oferta de formación en todo o territorio, dar a posibilidade de que haxa máis dunha convocatoria de probas, etc..

Ademais, o colectivo do profesorado tamén cre, tal e como lle manifestou á CTNL, "que é unha oportunidade para rematar coas prácticas escurantistas que se veñen desenvolvendo desde hai anos desde a SXPL: transparencia das listaxes e dos chamamentos, publicidade dos cursos de formación para o persoal docente, etc.".

E por último, e quizais máis importante, pode ser un punto de inflexión para ofrecerlle á cidadanía unha formación de calidade, xa que estes cursos se converten nunha oportunidade única de achegar unha visión positiva e moderna da lingua.

Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga

Estes problemas xa os vimos denunciando desde hai anos tamén desde a CTNL e, de feito, lévase tempo propoñendo unha mellora integral no modelo de formación en lingua galega, a través da “Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga” (.pdf), que ata o momento a Xunta non quere asumir en practicamente ningún dos seus puntos, a pesar de ser unha proposta feita a partir dun proceso de reflexión e análise dun amplo grupo de persoas con experiencia en distintos ámbitos relacionados cos Celga (técnicos/as de normalización lingüística encargados de convocar, xestionar e difundir cursos e informar a cidadanía sobre o sistema; profesorado encargado da docencia dos cursos; persoal avaliador das probas de obtención dos títulos, etc.), e tendo en conta ademais as achegas, as ideas e o debate producido na Xornada de análise e avaliación dos Celga que tivo lugar en xuño de 2012 en Santiago de Compostela, e na que participaron arredor de 150 persoas, entre membros de entidades lingüísticas, técnicos/as de normalización lingüística, profesorado, persoal avaliador das probas Celga, lingüistas, etc., e onde houbo un amplo consenso xeral sobre as distintas ideas debatidas.

Deste xeito, desde a CTNL seguiremos a traballar para, por un lado, apoiar o profesorado nas súas xustas demandas e, por outro, para conseguir que a Xunta teña en conta todas as propostas de mellora na formación lingüística das persoas adultas.

DOCUMENTO: Informe da Inspección de Traballo da Coruña sobre a contratación de profesorado dos cursos Celga (.pdf)


Ligazóns relacionadas


Informe da Inspección de Traballo da Coruña sobre a contratación de profesorado dos cursos Celga (.pdf, 6,7 Mb)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30    
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego