03-02-2014A Xunta convoca o concurso de mensaxes de amor en galego Lingua de namorar

Co obxectivo de dinamizar o uso do galego nas relacións persoas da mocidade, a Xunta convoca unha nova edición de Lingua de namorar, concurso de mensaxes de amor para moz@s de até 35 anos. O prazo de presentación está aberto até o 23 de febreiro
Para participar neste concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, só hai que entrar en
http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html, premer no botón “Envía as túas mensaxes” e cubrir o formulario. Ademais da mensaxe ou mensaxes, cómpre indicar os datos persoais e de contacto.
Características das mensaxesCada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
Categorías de idade e premiosEstablécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
-PlayStation 4 500 XB
-Mesa de mesturas de dj
-MP3 acuático
Categoría B (de 20 a 35 anos):
-Cámara Canon Réflex Dixital + actividade de aventura para dúas persoas
-GPS de montañismo + actividade de aventura para dúas persoas
-MP3 acuático + actividade de aventura para dúas persoas
Prazos de participación e votaciónO prazo para enviar as mensaxes remata o domingo 23 de febreiro.
Do 24 ao 28 de febreiro abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
Xurado e resoluciónO xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
Os nomes das persoas gañadoras publicaranse o 10 de marzo no sitio web do concurso.