20-02-2014Sábado 8 de marzo, asemblea xeral da CTNL e xantar
O sábado 8 de marzo a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán
ASEMBLEA ANUAL DA CTNLA Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral Ordinaria o sábado 8 de marzo, a partir das 11.30 h en primeira convocatoria e das 12.00 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.
-DÍA: sábado 8 de marzo de 2014
-Hora da primeira convocatoria: 11.30 h
-HORA da segunda convocatoria: 12.00 h
-LUGAR: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)
Orde do día1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio
7. Elección de nova Xunta Directiva
8. Rolda aberta de intervencións
Convocatoria completa en .pdf >XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICADisque sempre estamos coa lingua de fóra..., pois haberá que coller forzas! (mais seguiremos igual con ela de fóra, para que se vexa ben, eh!). Por iso, a CTNL organiza tamén un xantar de confraternidade lingüística de traballadoras e traballadores, dun ou doutro xeito, da normalización da lingua e achegad@s.
Será unha lacoada que terá lugar xusto despois da asemblea, ás 14.30 h, no mesmo lugar, A Nave de Vidán.
O prezo é de 20 € e quen queira participar debe confirmar a asistencia
ata o 5 de marzo, no enderezo-e info@ctnl.org ou no teléfono 629 571 950.
Documentación para a Asemblea A partir do día 28 de febreiro estará ao dispor das socias e dos socios a documentación para a asemblea a través do web da CTNL: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socias/os, informe de xestión e propostas de acción para o próximo exercicio. Nese momento, enviaráseche un correo-e con acceso a eses documentos, para que, deste xeito, poidas preparar mellor as túas achegas e propostas e así facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva.
Elección da Xunta DirectivaLembrámosche que, segundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e que os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (mércores 5 de marzo, ás 11.30 h), para o que se deberá enviar a candidatura por correo electrónico a info@ctnl.org, na que deberán figurar os nomes, apelidos e números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre co visto e prace desas persoas.