CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


15609 votos
Votar | | | |


10-03-2014

Liñas de acción da CTNL para 2014-2015 e renovación da xunta directiva

Liñas de acción da CTNL para 2014-2015 e renovación da xunta directiva
Este sábado 8 de marzo tivo lugar en Santiago de Compostela a Asemblea Xeral da CTNL, en que se aprobaron por unanimidade as liñas de acción do colectivo para o próximo exercicio e se elixiu xunta directiva para os dous vindeiros anos


Entre as liñas de acción aprobadas por unanimidade para desenvolver no prazo dun ano desde a CTNL, e que se poden descargar completas aquí, destacan diversas medidas para a defensa dos intereses xerais das/os traballadoras/es de normalización lingüística; a organización de diversas accións formativas relacionadas co deseño e implementación de accións de dinamización lingüística ou coa creatividade e motivación para o incremento do uso e prestixio do galego; a elaboración de diversas propostas para a mellora do proceso de normalización lingüística; a organización e fomento de diversos encontros de traballo na procura de accións conxuntas e coordinadas; a continuidade de proxectos como o Viveiro de propostas normalizadoras, a campaña Gústame o galego ou Agasallo.eu; e a posta en marcha doutros novos, como a campaña Como cho digo, que se presentará nos próximos días.

Para o desenvolvemento destas accións e o funcionamento da asociación, a asemblea aprobou un orzamento anual de 15.500 euros.

Tamén se elixiu Xunta Directiva para os dous vindeiros anos, na cal seguirán Nel Vidal como presidente e Rosa Moreiras como secretaria. Para a tesouraría incorpórase Queca Carballo e como vogal comeza a formar parte do equipo Silvia Muíño. O resto de vogais que continúan na directiva son Dores Sánchez, Anxo Otero, Isabel Vaquero, Pepe B. Alborés e David Cobas.

-Consulta aquí as liñas de acción da CTNL para 2014 (.pdf) >

-Composición e información da Xunta Directiva >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego