CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


11502 votos
Votar | | | |


29-03-2014

Ponse en marcha Como cho digo ;-), para a visibilización do uso do galego na comunicación

Ponse en marcha Como cho digo ;-), para a visibilización do uso do galego na comunicación
Hai moitas máis persoas e entidades que usan normalmente o galego, do que os medios reflicten. Por iso se pon en marcha esta campaña, Como cho digo ;-), para visibilizar o uso do galego na comunicación. Para que se vexa a lingua galega nos medios


O que se quere facer con esta campaña, Como cho digo ;-), impulsada desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), é dicir que nos gustaría que o galego se vexa máis nos medios de comunicación e que, polo tanto, que estes o usen, cando menos, para informar dos actos desenvolvidos en galego, para reflectir as declaracións cando se fan en lingua galega, para crear informacións a partir de notas e comunicados redactados na nosa lingua, etc.

E é que cada día son moitas as entidades, asociacións, concellos, etc., que envían notas de prensa en galego, que organizan conferencias de prensa nas que se usa a nosa lingua, que desenvolven actos, etc., e que despois son traducidos nos medios, son comunicados na prensa noutra lingua. E o mesmo acontece con moitas persoas que fan declaracións, conceden entrevistas, etc.

Así convidamos a que o que se di ou acontece en galego, sexa transmitido nos medios nesta mesma lingua. E convidamos tamén ás persoas e entidades que teñen presenza pública e que estean de acordo con isto, a que se sumen a Como cho digo ;-).



De inicio, e como impulsoras da campaña, xa o fixeron moitas e de todos os ámbitos, como o deporte (Fernando Vázquez, Verónica Boquete, Moncho Fernández...), a música (Uxía, Roi Casal, Sés...), a universidade (os reitores das tres universidades galegas, Jorge Mira, Ángel Carracedo...), o asociacionismo (Ana Olveira, presidente da Unión de Consumodor@s; Susana Romero, voceira de controlador@s aére@s...), a literatura (Manuel Rivas, Yolanda Castaño, Pep Carreiro...), o teatro e o audiovisual (Mónica Camaño, Federico Pérez, María Mera...), a xustiza (José Juan Barreiro, Luís Villares...), etc.

Tamén de inicio, e como impulsoras, participan diversas entidades, como A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Nova Escola Galega, Asociación Galega de Onomástica (AGOn), Asociación Galega de Editores (AGE), Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT), Associaçom Galega da Língua (Agal), Xuíces para a Democracia ou Implicad@s no Desenvolvemento.

Nas vindeiras semanas e meses iranse desenvolvendo, a través de servizos de normalización lingüística (SNL) e de entidades varias, actos en diversos puntos do país para visibilizar a campaña e as novas adhesións.

E é que queremos que o galego se vexa. Como cho digo ;-)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego