29-04-2014Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega, que este ano teñen un orzamento de 300.000 €, o máis baixo da historia. O prazo de solicitude está aberto ata o 14 de maio
Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A)(DOG 72 do 14/4/2014, con corrección de erros no DOG do 22/4/14)
MODALIDADES1. Creación dun servizo de normalización lingüística.
3. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística.
4. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.
DESTINATARIOS-Concellos ou agrupamentos de concellos
PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2014
PRAZO DE SOLICITUDE-Até o 14 de maio de 2014
CRITERIOS DE VALORACIÓN-A maior poboación, máis puntuación; para territorios máis desgaleguizados, maior puntuación; implicación de entidades nas accións dinamizadoras; pertenza á Rede de Dinamización Lingüística, etc.
ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN-Deporte
-Mocidade
-TIC
-Economía
-Servizos sociais
ORZAMENTO-O orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de 300.000 euros
A orde completa, en .pdf, pode consultarse aquí >A Xunta non permite nesta convocatoria a tramitación en papel, e obriga unicamente á tramitación telemática con certificado electrónico.