16-07-2014Convocatoria de contrato temporal a tempo parcial para o proxecto de cambio lingüístico do ILG
O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago convoca un contrato temporal a tempo parcial para transcricións e anotacións de gravacións no proxecto de cambio lingüístico no galego actual. A duración é de cinco meses e medio e o prazo de solicitude ata o 22 de xullo
OBXECTO DO CONTRATOTranscrición e anotación de gravacións para o proxecto Cambio Lingüístico. Traballos de mantemento e desenvolvemento de base de datos CORILGA.
CONDICIÓNS DO CONTRATO-Retribución bruta mensual: 660,00 €
-Duración do contrato: 5,5 meses
-Data inicio prevista: 15/09/2015
-Data fin prevista: 28/02/2016
-Xornada laboral: tempo parcial
-Categoria: Investigador en formación
REQUISITOS Titulacións: Licenciado /a ou Grao en Filoloxía Galega ou Lingua e Literaturas Galegas. Deberán estar matriculados/AS nun Programa de Doutoramento na USC
MÉRITOS-Expediente académico: 50%
-Máster con especialización en linguística: 10%
-Méritos de investigación (congresos, artigos, publicacións, contratos en proxectos relacionados con lingua oral): 15%
-Entrevista: intereses de investigación en aspectos relacionados co proxecto (cambio lingüístico no galego actual), proxecto de tese... aos/ás candidatos/as que acaden as 5 mellores puntuacións: 25%
Información e convocatoria completa, aquí >