06-10-2014Xornada sobre a publicidade en galego. O 23 de outubro en Compostela
O Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa organizan unha xornada para analizar o estado de "A publicidade en galego". Terá lugar en Santiago de Compostela o xoves 23 de outubro
Nesta xornada, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Galicia Empresa consideran oportuno examinar o estado actual da publicidade en galego. No decurso do encontro fixarase a atención nas debilidades, pero tamén se poderá comprobar que os esforzos feitos até o momento propiciaron ou axudaron a situacións mellores.
O seminario pretende revisar un aspecto da comunicación fundamental para a normalización da nosa lingua, atendendo o aspecto diacrónico e de evolución, e fotografando o estado actual, desde os puntos de vista das empresas, da teoría da comunicación, da publicidade e da lingua.
DÍA:
xoves 23 de outubroHORA:
de 16.00 h a 20.00 hLUGAR:
Consello da Cultura Galega. Santiago de CompostelaINSCRICIÓN: de balde,
aquí >PROGRAMA16.00 h > Inauguración
16.15 h >
Panorama da publicidade en Galicia: unha achega xeral-Alberto Pena, profesor titular de Historia da Propaganda e da Publicidade na Universidade de Vigo
17.15 h > Pausa
17.30 h > Mesa redonda.
Marco histórico e actual da publicidade en galego-A publicidade de Galicia. Sincronía e diacronía. Con Alberto Dafonte, profesor de Publicidade na Universidade de Vigo
-O galego na publicidade. Sincronía e diacronía. Con Benigno Fernández Salgado, profesor de Linguaxe publicitaria en galego da Universidade de Vigo
18.45 h > Mesa redonda.
O punto de vista das empresas-Miguel Conde, presidente de BAP&Conde
-Francisco Rodeiro Marta, director de Planificación Estratéxica e Modelo de Negocio de R
-Antonio Cortés, director de marketing de Gadisa
-Alejandro Vázquez, publicista e profesor de Publicidade da Universidade de Santiago
20.00 h > Peche e conclusións
Información completa, programa e inscrición, aquí >