30-10-2014Convocamos un novo obradoiro de vídeos para a lingua!
Cres que unha imaxe vale máis ca mil palabras? Pois nós non!, mais cremos que a imaxe tamén é moi importante, e a comunicación audiovisual, para a normalización lingüística, fundamental. Por iso, convocamos unha nova edición do obradoiro de creación de vídeos básicos, que terá lugar en novembro combinando sesión presenciais e sesións en liña
A comunicación audiovisual é fundamental para a normalización da lingua, para transmitir mensaxes a prol do galego, para difundir accións e actividades de cara ao incremento do uso e prestixio do noso idioma.
E, de maneira moi sinxela, desde asociacións, servizos de normalización lingüística ou equipos de normalización do ensino, pódense facer vídeos con esa finalidade, pensados sobre todo para difundir a través da rede, e sen máis necesidades ca unha pequena cámara ou incluso un teléfono móbil.
Por este motivo, para aproveitar este potencial e para podermos crear vídeos con moi poucos medios para campañas, actividades, difundir mensaxes, etc., desde a CTNL organizamos unha nova edición deste
obradoiro.
Cando e como se desenvolve este obradoiro?Este pequeno curso práctico terá lugar durante o mes de novembro de 2014, con dúas sesións presenciais (os días 11 e 20 de novembro, en Santiago de Compostela) e varias en liña (desde onde ti queiras, claro;-)
O obradoiro e básico, polo que, ademais de ganas e interese, para a participación abonda con que teñas un ordenador portátil e algún aparello básico de gravación de vídeo (teléfono móbil, cámara de fotos con vídeo, cámara de vídeo, etc.).
InscriciónO prazo de inscrición xa está aberto (remata o 2 de novembro), e, como vai ser un obradoiro moi práctico, só poden participar un máximo de 15 persoas, polo que se respectará a orde de inscrición, dándolles preferencia ás socias e socios da CTNL. Así que, se queres participar, bule! ;-)
Tes toda a información e mais o formulario de inscrición aquí >Algúns resultados da pasada ediciónEsta é a segunda edición deste obradoiro. Na primeira, algúns dos traballos que no propio curso fixeron alumnos e alumnas foron, por exemplo, estes:
Que? Anímaste? ;-)