09-02-2015Este 14 de febreiro, fain@ gozar coa lingua

Hai mil maneiras de expresarlle amor ou paixón a alguén, a unha parella, estable ou pasaxeira, presente ou arelada. Pode ser día a día ou de xeito puntual... E sempre está ben facelo cunha sorpresiña, non? Pois o 14 de febreiro pode ser, por que non, unha data estupenda para facelo, para facer gozar coa lingua.
Aínda que orixinariamente occidental, o Día d@s Namorad@s, San Valentín, foi estendido a boa parte do mundo. Dise que este día as persoas namoradas levan algunha prenda encarnada e, ademais, fanlle un agasallo a aquela persoa que queren. E nós propomos que, de facerse, se faga en galego, claro! E é que
agasallar en galego é unha boa maneira de facer gozar coa lingua, non? :-P
Deste xeito, a CTNL pon en marcha a campaña
Fain@ gozar coa lingua, vinculada á plataforma Agasallo.eu, co obxectivo de que se vincule o galego co amor e que se teña en conta o idioma á hora de escoller regalos para a parella.
Por iso, entre o 9 e o 14 de febreiro haberá publicidade en medios dixitais e mais nas redes sociais co provocativo lema
Fain@ gozar coa lingua, a través do que se vincula o amor co galego, e o galego co amor. Ah, claro, e convidámoste a que ti tamén compartas a campaña, a imaxe, o evento, etc., e o web de Agasallo.eu, a través das redes sociais!
FASME GOZAR COA LINGUA?Ademais tamén se creou en Facebook o
evento Fasme gozar coa lingua?, coa finalidade de que, quen queira, se una a el e convide a quen lle gustaría que este 14 de febreiro o/a faga gozar coa lingua..., cunha sorpresiña de www.agasallo.eu, claro ;-)
Así que,
anímate!
XEITOSAS PROPOSTAS PARA AS PARELLAS EN AGASALLO.EUAlgo doce, como chocolate ou semellante? Pode ser unha
frecha de chocolate con poema, como a que propón Fina Rei, ou calquera outra delicatessen como as de
Catrineta ou
Carabuñas. Ou un
vermú! Boa idea, sempre é, claro, un
libro, un
disco ou
audiovisual, e aquí ofrecémosche unha boa selección. E
camisolas! Témolas, por exemplo, con identidade propia, como as de OZOCOgz, Rei Zentolo ou Ovisio, ou éticas e ecolóxicas, como as de Cestola con Cachola, entre outras. E unha
bolsa ou
mochiliña? Ou un vinilo para decorar a casa! Xa está, unha
pintura orixinal! Ou unha
subscrición a un medio en galego. Ou calquera
outra cousa por aí!
Veña, bótalle un ollo a
Agasallo.eu!