12-02-2015Sábado 28 de febreiro, asemblea xeral da CTNL e xantar

O sábado 28 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar pola mañá en Santiago de Compostela, e posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, A Nave de Vidán
ASEMBLEA ANUAL DA CTNLA Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral Ordinaria o sábado 28 de febreiro, a partir das 11.30 h en primeira convocatoria e das
12.00 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.
-Día: sábado
28 de febreiro de 2015
-Hora: primeira convocatoria, ás 11.30 h. Segunda convocatoria, ás
12.00 h-Lugar: Restaurante Espazo Cultural
A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela)
Convocatoria completa en .pdf >Orde do día1. Aprobación da acta da asemblea anterior [
Descarga aquí en .pdf a acta a asemblea anterior]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [
Descarga aquí en .pdf o informe-memoria de xestión da CTNL en 2014]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [
Descarga aquí en .pdf as propostas de acción da CTNL para 2015]
7. Rolda aberta de intervencións
PROPOSTAS DE ACCIÓN E DOCUMENTACIÓN PARA A ASEMBLEAPara que os/as socios/as poidades preparar mellor as vosas achegas e propostas e así facermos entre todas e todos unha asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, días antes da asemblea enviarémosche toda a documentación e propostas por correo-e: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socias/os, informe de xestión e propostas de acción para o próximo exercicio.
Antes diso, agradecémosche que nos remitas todas as ideas e propostas que teñas e que creas que a CTNL pode desenvolver, para así poder valorar incluírmolas nas propostas de acción.
XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICAO mesmo día da Asemblea da CTNL celebraremos, no mesmo espazo, unha lacoada aberta de confraternidade lingüística, na que nos gustaría moito contar coa participación de todas e de todos.
-Lugar: Restaurante
A Nave de Vidán -Hora:
14.30 h.
-Menú:
lacoada (lacón, chourizos, patacas, grelos, viño tinto e outras bebidas, queixo e rosca de sobremesa e café de pota).
-Prezo:
20 euros.
-Confirmación: agradecémosche que confirmes a túa asistencia ao xantar o máis axiña posible. En todo caso,
antes do 25 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.gal ou no teléfono 629571950.