CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


18415 votos
Votar | | | |


23-04-2015

Proposta da CTNL para os programas das eleccións municipais 2015

Proposta para o programa das eleccións municipais 2015
Desde a CTNL enviámoslles ás diversas organizacións políticas con implantación no país e mais ás candidaturas das sete cidades esta proposta, coa finalidade de que a teñan en conta para incorporar nos seus programas electorais, e que, polo tanto, se poida despois levar a cabo ou defender desde os concellos



Proposta para o programa das eleccións municipais 2015

A normalización lingüística é un proceso social que procura a xustiza no ámbito sociolingüístico, para que os galegos e as galegas poidamos manter a visión do mundo desde a óptica que só nos pode dar a lingua propia do noso territorio. É responsabilidade de todos e de todas contribuírmos deste xeito a manter a diversidade e a riqueza lingüística e cultural do mundo, para que poidamos manter esas visións e chamarlles ás cousas cos nomes xenuínos que aquí se lles deron.

Por iso, as administracións teñen a obriga legal e a responsabilidade social de apoiar e promover ese proceso e, así, deben implementar políticas lingüísticas activas, dinámicas e integradoras que poñan en valor a lingua propia e que fomenten o seu uso e prestixio en todos os ámbitos, para procurar que o galego se use con normalidade no comercio, no deporte, no asociacionismo, entre a mocidade, nas novas tecnoloxías, no ensino, na cultura, na comunicación, no lecer, nas empresas, nos parques, nos centros de saúde, etc.

Para desenvolveren e implementaren as súas políticas en calquera ámbito, os concellos dótanse de instrumentos técnicos. Así, para desenvolveren a política urbanística teñen departamentos de urbanismo; para desenvolveren as políticas culturais teñen departamentos de cultura; para desenvolveren as políticas sociais crean departamentos de servizos sociais... E no ámbito da política lingüística eses departamentos técnicos son os servizos de normalización lingüística (SNL).

Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), instamos a todas as organizacións políticas a incluíren no seu programa para as eleccións municipais de 2015, cando menos, o seguinte punto relativo á política lingüística desde o concello e complementario a outras propostas que se poidan ter para a normalización da lingua galega:

Poñer en valor a lingua propia e fomentar o se uso e prestixio en todas as accións do concello e en todos os ámbitos e sectores do municipio, para o que se creará [ou potenciará e consolidará, de ser o caso] un servizo de normalización lingüística (SNL) estable [ben propio, ben compartido con outros concellos (en caso de concellos pequenos)], dotado de recursos humanos e partida orzamentaria suficiente, e que planificará, xestionará e executará as accións e medidas axeitadas para o fomento do uso e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais.


Ligazóns relacionadas


Proposta para o programa das eleccións municipais 2015 (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego