10-06-2015A terminoloxía, unha necesidade da sociedade actual. Congreso internacional de terminoloxía en Compostela

O II Congreso Internacional da Rede de
Lexicografía (RELEX) terá lugar os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 en
Santiago de Compostela, e está dedicado este ano á terminoloxía, campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual
Os vindeiros 5, 6 e 7 de outubro de 2015 terá lugar en Santiago de Compostela o Segundo Congreso Internacional da Rede de Lexicografía (RELEX), dedicado este ano á terminoloxía, un campo de estudo fundamental para todas as linguas que queiran responder desde a súa identidade ás necesidades denominativas especializadas da sociedade actual, pero que adquire unha importancia especial para as linguas que están inmersas nun proceso de normalización.
O Congreso centrarase de maneira preferente en dous temas de traballo: a) «a terminoloxía e a empresa», e b) «o traballo colaborativo na elaboración da terminoloxía», aínda que se lle dará cabida tamén a calquera tema do ámbito da terminoloxía, polo que será posible a presentación de comunicacións libres sobre outros aspectos teóricos ou aplicados deste campo.
Estrutura do CongresoOs dous primeiros días do Congreso estarán dedicados a conferencias plenarias e mesas redondas de especialistas invitados, e á presentación de comunicacións libres. As conferencias plenarias terán unha duración máxima dunha hora, e as comunicacións libres non deben sobrepasar os vinte minutos de exposición, seguidos dun breve tempo de coloquio.
O terceiro día, en sesión de mañá, estará dedicado a un taller de iniciación á utilización dos recursos terminolóxicos.
Conferencias plenariasEstán programadas catro conferencias plenarias, que serán impartidas por especialistas de recoñecido prestixio internacional. [
Programa]
Mesas redondasOs días 5 e 6 de outubro haberá dúas mesas redondas sobre os dous temas principais do Congreso:
a) Terminoloxía e empresa
b) O traballo colaborativo na terminoloxía
Comunicacións libresPoderanse presentar propostas de comunicación
ata o 17 de xullo de 2015. Deberase enviar un resumo de arredor de 250 palabras, que se remitirá en documento adxunto ao seguinte enderezo electrónico: relatorios.relex@gmail.com con indicacións específicas de autoría. As propostas de comunicación serán sometidas a avaliación dos membros do comité científico para a súa aceptación. A resposta sobre a aceptación ou rexeitamento da comunicación enviarase antes do 30 de xullo de 2015.
Linguas vehiculares do CongresoAs linguas de traballo do Congreso serán todas as románicas e o inglés. Non haberá servizo de interpretación.
Información completa e inscrición, aquí >