15-06-2015Mocidade e lingua... Non todo é fume! Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua 2015
O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua centrará neste 2015 o seu programa nas mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade. Ten lugar os días 8, 9 e 10 de xullo no Fórum Carballo e o prazo de inscrición, con prazas limitadas, xa está aberto
O
Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua, que organiza a Universidade da Coruña en colaboración coa CTNL, a SXPL e o Concello de Carballo, chega neste 2015 á súa undécima edición. Un encontro anual estabilizado en que nos dez anos anteriores se fixeron análises, debates, reflexións e propostas prácticas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc.
E nesta XI edición, que terá lugar no Fórum Carballo os días 8, 9 e 10 de xullo de 2015, decidimos centrar o traballo en algo moi importante para o presente e futuro da lingua: a mocidade. Así, o programa centrarase en analizar mudanzas e afianzamentos lingüísticos na mocidade, cos obxectivos de coñecer e analizar factores, motivos, razóns ou condicionantes que provocan eses cambios e afianzamentos de lingua na adolescencia e mocidade, avaliar experiencias desenvolvidas nese ámbito e propor medidas e accións de intervención.
En definitiva, un curso que procura conseguir mellorar o uso e prestixio da lingua nos/as adolescentes e na xente moza, un ámbito no que, non, #nontodoéfume!
RELATORIOS, DEBATES E PROPOSTASAo longo dos tres días intervirán persoas destacadas para facer análises e propostas relativas aos usos lingüísticos na xente moza, como son a sociolingüista Valentina Formoso, o psicólogo valenciano Ferran Suay, a xornalista Sara Torreiro, a profesora Goretti Sanmartín, o profesor Xosé Manuel Sánchez Rei, o dinamizador Séchu Sende, a profesora Pilar Ponte, o activista Carlos García Vieito, a técnica de normalización lingüística Marta Souto, a xornalista Belén Regueira, o poetarra Dani Vilaverde, a xornalista Raquel C. Pico, a poeta María Lado, o creador Leo i Arremecághona ou a comunicadora María Yáñez.
Ademais, tamén haberá un debate-entrevista con adolescentes, que será moderado pola xornalista Lorena Pose.
INSCRICIÓN ABERTA, CON PRAZAS LIMITADAS E DESCONTOS PARA SOCI@S DA CTNLO
prazo de matrícula neste curso está aberto até o
2 de xullo de 2015, e o número de prazas está limitado a 65 persoas, que se cubrirán por orde de inscrición.
O prezo xeral do curso é de
50 €, mais o estudantado de calquera universidade, a comunidade universitaria da UdC, as persoas desempregadas e os/as socios/as da CTNL teñen unha
tarifa reducida de 30 €.
Este prezo inclúe, ademais de todas as actividades e material do curso, tamén os xantares do mércores 8 e xoves 9 e os almorzos compartidos dos tres días.
O programa e a información completa do curso pode consultarse no
web www.traballandoenlingua.gal