21-07-2015Dúas bolsas e tres contratos en lectorados de galego de universidades

A Xunta de Galicia convoca tres contratos para os lectorados de galego das universidades do País Vasco, Oxford e Birmingham, e mais dúas bolsas para os da Universidade Federal da Bahía e da Universidade da Sorbona Nova-París III. O prazo de solicitude remata o 27 de xullo
DATOS BÁSICOS DA CONVOCATORIAPublicación: Diario Oficial de Galicia (DOG) do 25 de xuño de 2015
Prazas con contrato convocadas:
-Universidade do País Vasco
-Universidade de Oxford
-Universidade de Birmingham
Bolsas convocadas:
-Universidade Federal da Bahía
-Universidade da Sorbona Nova-París III
Titulación necesaria: dependendo do lectorado que sexa, o requisito pode ser a licenciatura en Filoloxía Galega, Grao en Galego ou equivalente, Tradución ou graos lingüísticos con determinados contidos de galego.
Criterios de selección: valoración de méritos, de acordo coas puntuacións fixadas no anexo II das convocatorias, e entrevista persoal
Requisitos básicos: ter nacionalidade dun país membro da UE e non superar os 35 anos de idade na data de remate da presentación de solicitudes
Duración: máximo de tres anos
Contía:
-1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades do Estado español.
-1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades de fóra do Estado español.
Prazo de presentación: ata o 27 de xullo de 2015
Convocatorias completas:
-Para as prazas con contrato, aquí (.pdf):
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150625/AnuncioG0164-170615-0011_gl.pdf-Para as bolsas, aquí (.pdf):
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150625/AnuncioG0164-170615-0010_gl.pdf