CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


14513 votos
Votar | | | |


02-09-2015

Ante a reducida, tardía, dificultosa e descoordinada convocatoria de cursos Celga, solicitamos a mellora na súa planificación e xestión

Ante a reducida, tardía, dificultosa e descoordinada convocatoria de cursos Celga, solicitamos a mellora na súa planificación e xestión
A sexta parte de cursos que en 2010, convocatoria moi tardía e sen datas de probas anunciadas, falta de planificación e coordinación, prazo de inscrición demasiado limitado e en pleno agosto, grupos demasiado numerosos e desiguais, desconsideración dos servizos de normalización lingüística... Por estes motivos, desde a CTNL solicitámoslle á SXPL a mellora na planificación e xestión da formación en lingua galega e a inmediata convocatoria das probas Celga.


Vista a Resolución do 17 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (DOG do 21/8/15), desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) temos que facer as seguintes consideracións:
  • Moi reducido número de cursos e de niveis: ofrecer só 30 cursos para todo o país é unha oferta moi reducida que non cubre as necesidades formativas básicas da poboación, sobre todo cando, ademais, hai comarcas enteiras en que non se organiza nin un só curso ou nas que haberá só formación dun nivel, deixando sen posibilidades formativas en lingua galega as persoas que precisan participar nun curso dun nivel diferente. Cómpre ter en conta que nos últimos anos se convocaron entre 104 e 185 cursos por ano, polo que nesta ocasión a convocatoria redúcese á sexta parte que, por exemplo, en 2010.

  • Falta de coordinación, planificación e contacto previo cos SNL: os servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos son quen mellor coñecen as necesidades formativas en lingua da poboación do seu municipio, e quen, na práctica, a cidadanía ten como referencia para informarse sobre as convocatorias de probas e cursos Celga. Ademais, son quen, maioritariamente, ata o ano pasado, xestionaban e difundían os cursos, as probas e a inscrición das persoas participantes, e quen procuraban planificar a formación de acordo coas necesidades detectadas e analizadas na poboación do correspondente municipio, dándolle, ademais, continuidade ao longo dos anos. Convocar os cursos de costas aos SNL, que só souberon deles a través do DOG, consideramos que é un grave erro, pois deben terse en conta para determinar cursos e niveis, para a difusión, para a xestión das inscricións, etc.

  • Prazo de inscrición demasiado limitado: establecer un prazo para a inscrición de tan só 15 días desde que se anuncian os cursos é un tempo demasiado escaso, e máis sendo en pleno mes de agosto, cando moita xente está de vacacións e cando, incluso, as administracións non están a pleno rendemento e moitos servizos de normalización lingüística (que lles podían facer chegar a información ás persoas interesadas) están tamén de vacacións.

  • Tardía convocatoria de cursos sen datas das probas anunciadas: hai miles de persoas que precisan formarse en lingua galega e que estiveron, e están, pendentes das convocatorias dos Celga para poderen acceder a un posto de traballo, a unha convocatoria de emprego público, a un curso de inserción laboral, etc., e que non poden –ou xa non puideron– facelo, nalgúns casos perdendo un ano enteiro e incluso máis, debido á pasividade da SXPL ao non convocar as probas para obter o título Celga. E agora que, tardiamente, se convocan uns poucos cursos, faise sen estaren nin sequera anunciadas as datas das probas.

  • Grupos que poden ser demasiado numerosos e con coñecementos desiguais: tal e como se especifica na resolución, en cada curso pode participar “un número máximo de 30” persoas. Tendo en conta as características dos cursos, o carácter preparatorio para unhas probas, a metodoloxía práctica que se debe empregar, a atención e seguimento axeitado ás persoas participantes, e para poder desenvolver unha formación lingüística eficaz e de calidade, os grupos non deberían superar as 20 persoas. Ademais, ao se convocaren tan poucos cursos e non haber requisitos previos de competencias lingüísticas para acceder a eles, os grupos van ser moi desiguais, o que vai en detrimento da calidade formativa, polo que serían necesarios requisitos de nivelación.

  • Descoordinación na convocatoria dos cursos por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: esta convocatoria súmase a outras da mesma consellaría tamén de cursos preparatorios para as probas Celga nas Escolas Oficiais de Idiomas, o que supón, por un lado a duplicación de procedementos e prazos de inscrición e a dispersión da oferta e da información, e por outro, que haxa cursos preparatorios para uns exames que non teñen en conta as datas deses exames, pois xa hai xente que fixo cursos a comezos de ano e aínda non tivo a oportunidade de se presentar á proba para a que fixo o curso.

Por todos estes motivos, dirixímonos á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia para solicitarlle:

1. Que, se o obxectivo da Secretaría Xeral de Política Lingüística non é desmotivar nin dificultar que a cidadanía participe na formación en lingua galega, na convocatoria, organización e xestión dos cursos preparatorios para a obtención do certificado Celga deben corrixirse todas estas graves eivas sinaladas, e debe facerse unha verdadeira planificación na procura de que toda a xente que o necesite e queira poida realmente participar nun curso de galego axeitado ao seu nivel e necesidades.

2. Que se teña en conta a Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga (.pdf) que xa en 2012 lle presentamos desde a CTNL á Secretaría Xeral de Política Lingüística.

3. Que, ao tempo que se corrixe e mellora a convocatoria de cursos, se convoquen de inmediato as probas correspondentes para obter a acreditación Celga de todos os niveis e que se informe sobre isto, e de maneira urxente, a todos os servizos de normalización lingüística (SNL), ademais de publicitalo mediante anuncios, folletos, prensa, etc.


Ligazóns relacionadas


Solicitude de mellora na planificación e xestión dos cursos preparatorios para as probas Celga e da convocatoria dos exames (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego