21-09-2015URXENTE. Convocatoria para a contratación de técnico/a de normalización lingüística na Estrada

O Concello da Estrada convocou un proceso selectivo para a contratación temporal, até a reincorporación do titular da praza, dun técnico ou técnica de normalización lingüística. O prazo que fixaron é tan só de 5 días, e remata o 23 de setembro
-
REQUISITOS: Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente, ou outra titulación universitaria superior, sempre que se posúa o Celga 5.
-
PROCESO SELECTIVO: Oposición libre, con dous exercicios:
>Teórico: cuestionario de 50 preguntas tipo test.
>Práctico: suposto práctico de 30 minutos baseado nas tarefas do posto.
-
CONDICIÓNS ECONÓMICAS: 1.829,76 € brutos mensuais.
-
DURACIÓN: Até a reincorporación do titular da praza.
-
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Cinco días a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no web do Concello da Estrada (onde aparece coa data do 18/9/2015).
Bases completas e folla de solicitude, no web do Concello da Estrada >