CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


14547 votos
Votar | | | |


28-09-2015

Obradoiro de aproveitamento das redes sociais para a normalización lingüística

Obradoiro de aproveitamento das redes sociais para a normalización lingüística
Desde a CTNL convocamos dúas edicións dun obradoiro para aproveitarmos máis e mellor as redes sociais para a normalización lingüística. Terán lugar en Pontevedra (o martes 20 de outubro) e en Santiago de Compostela (o xoves 22 de outubro), e o prazo de inscrición está aberto até o día 8 deste mes


Descarga aquí a convocatoria completa en .pdf >

Listaxe de persoas admitidas nas dúas edicións, Pontevedra e Santiago (.pdf)

POR QUE ESTE OBRADOIRO?
Unha chea de páxinas e perfís en Facebook de servizos de normalización lingüística de concellos ou universidades, de asociacións, de equipos de dinamización, de proxectos...; perfís de Twitter ou Instragram, etc. Como é normal, cada vez bótase máis man das redes sociais para a comunicación e interacción desde os servizos e equipos de normalización e desde entidades relacionadas coa lingua, para lanzar mensaxes a prol do uso e prestixio do galego, para anunciar accións, para convocar á participación, para interaccionar, etc.
Mais..., estamos a usar as redes axeitadamente neste ámbito? Estamos a aproveitalas ben? Usámolas de maneira eficiente? Ou, sexa como for, podemos usar e aproveitar as redes sociais máis e mellor?
Se cadra está ben que unha persoa experta nos bote unha man, que lle bote un ollo ao que facemos, ás redes que manexamos, a como as usamos, e que nos axude a facelo mellor...
Por iso convocamos este obradoiro, que terá dúas edicións: unha en Pontevedra (20 outubro) e outra en Santiago de Compostela (22 outubro).

CALES SON OS OBXECTIVOS?
-Coñecer técnicas, ferramentas, criterios, etc., para mellorar o uso das redes sociais para servizos e equipos de normalización lingüística, asociacións e empresas que traballan no ámbito da lingua, etc.
-Saber aproveitar as oportunidades que nos poden ofrecer as redes sociais para o traballo e a comunicación na normalización lingüística.
-Mellorar destrezas para o manexo e comunicación a través das redes sociais.
-Coñecer exemplos de boas prácticas que permitan mellorar a comunicación na rede para a normalización lingüística.
-Mellorar a linguaxe propia e adaptada ao medio e comunidades das redes para optimizar as mensaxes a prol da lingua.

QUEN PODE PARTICIPAR?
-Persoas que manexen redes sociais de servizos de normalización lingüística (SNL), de asociacións, entidades ou proxectos de fomento do galego, de equipos de dinamización, de empresas que traballen pola lingua, etc.
Para o bo funcionamento do obradoiro, poderán participar en cada unha das edicións un máximo de 15 persoas.

VALE, PERO, EN QUE CONSISTE? QUE IMOS FACER?
Neste obradoiro partirase dunha pequena auditoría, análise e revisión por parte da docente das distintas redes que xestionan as persoas participantes (perfís e páxinas de SNL, ENDL, asociacións, proxectos...), para así indicarnos os puntos débiles e fortes, facernos propostas de mellora, facernos detectar os erros que cometemos, ensinarnos exemplos de boas prácticas e amosarnos técnicas, ferramentas, destrezas, etc., para mellorarmos nas xestións e mensaxes desas redes. De cada perfil ou páxina, a docente fará unha breve análise e proposta de mellora.
Na sesión presencial do obradoiro traballarase, en boa parte, partindo desas redes existentes e desa análise previa, e incidirase naquelas claves de mellora máis importantes.

CANDO?
-Prazo de solicitude de participación no obradoiro: Até o 8/10/2015 ás 12.00 h
-Publicación da listaxe de persoas participantes: 9 de outubro 2015
-Auditoría das redes das persoas participantes: Entre o 9 e o 19 de outubro
-Obradoiro en Pontevedra: Martes 20 de outubro, de 16.30 h a 21.00 h
-Obradoiro en Santiago de Compostela: Xoves 22 de outubro, de 16.30 h a 21.00 h

QUEN NOS VAI GUIAR E AXUDAR?
-Antía Paz (@antia_paz), que é community manager, experta en estratexias comunicativas en medios sociais e formadora en comunicación en rede.

GÚSTAME! PARA APUNTARSE?
Se queres participar debes inscribirte até o día 8 de outubro a través do seguinte formulario: [INSCRICIÓN PECHADA]
Dado que o número de prazas está limitado a 15 por edición, terán preferencia os/as socios/as da CTNL e, despois, respectarase a orde de inscrición.
Non se pode pagar a cota de inscrición até que non se publique a listaxe de persoas admitidas.
As persoas incluídas nesa listaxe de admitidas deben ingresar o importe da matrícula na conta da CTNL en Abanca número ES18-2080-0377-04-3040004060, indicando o seu nome completo e mais o concepto “Obradoiro redes”.
Se unha persoa está na listaxe de admitidas e non vai participar no curso, debe comunicalo por teléfono ou correo electrónico o máis axiña posíbel, para así poder incorporar, con suficiente antelación, a seguinte persoa da listaxe de agarda.

E CANTO CUSTA?
-Para socias/os da CTNL: 10 euros
-Para non socias/os da CTNL: 25 euros


Organiza: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
Colabora: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia



Ligazóns relacionadas


Convocatoria do Obradoiro de aproveitamento das redes sociais para a normalización lingüística (.pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego