CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


9799 votos
Xa votaches!


22-01-2016

A CTNL reclama estabilidade e condicións salariais axeitadas para a normalización lingüística en Vimianzo e Zas

A CTNL reclama estabilidade e condicións salariais axeitadas para o fomento da lingua en Vimianzo e Zas
Ante o despedimento en decembro e a posterior convocatoria, en condicións precarias, dunha nova praza en xaneiro de técnico/a de normalización lingüística para Vimianzo e Zas, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) solicita que se lle dea estabilidade ao Servizo de Normalización Lingüística deses dous concellos, e que se faga nas condicións laborais axeitadas


O 31 de decembro de 2015 os concellos de Vimianzo e Zas pecharon o seu Servizo de Normalización Lingüística que compartían e que levaba escasamente cinco meses en funcionamento despois dun longo proceso de selección convocado en maio de 2015.

O 13 de xaneiro de 2016 publicaron no BOP da Coruña as bases para a formación dunha bolsa de emprego para a selección, baixo a modalidade de interino/a, dun/ha técnico/a de normalización lingüística para a posterior contratación por parte dos concellos de Vimianzo e Zas.

As ditas bases establecen unhas retribucións de 1.130,95 euros brutos mensuais (salario + pagas extras) para unha contratación para a que se esixe unha licenciatura e que, ademais, segundo establece o programa de subvencións da Deputación da Coruña á que optan, ten que ser de categoría laboral de funcionario/a A1 ou laboral I.

Os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos dos concellos que teñen como finalidade impulsar o uso e o prestixio da nosa lingua en todos os seus ámbitos de influencia e, así, cumprir coa súa obriga legal e responsabilidade social de contribuír ao proceso de normalización lingüística.

A desaparición temporal deste servizo pode supor que estes concellos, ao non contaren con persoal técnico, queden fóra de proxectos cooperativos para o impulso do idioma nos que manifestaran xa a súa intención de participar cooperativamente con outros concellos galegos e que botarán a andar a primeiros de ano. Referímonos ao proxecto Apego, un programa de dinamización lingüística para a socialización do galego desde a primeira infancia, ou o Club de Debate, un programa para dinamizar a lingua entre a mocidade no que ambos os dous concellos tiñan xa inscritos equipos dos seus institutos de ensino secundario.

Ante esta situación, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) manifesta o seu rexeitamento á irresponsable decisión de ambos os dous concellos de pechar o SNL no mes de decembro, cando podían buscarse fórmulas para manter o SNL e a participación neses proxectos mencionados.

POR UNHAS CONDICIÓNS SALARIAIS AXEITADAS

Por outra banda, a CTNL considera indigno o salario establecido nas bases para a contratación de persoal técnico coa categoría de licenciado/a universitario/a, fixado en 13.571,40 € brutos anuais, o que na práctica vai significar que a traballadora ou traballador percibirá netos pouco máis de 800 € ao mes en 14 pagas, un salario que non correspondente coa categoría laboral para a que se esixe unha licenciatura, e moi inferior ao estipulado para outro persoal técnico dos mesmos concellos e dos mesmos grupos profesionais, o que crea ilóxicas desigualdades.

Cómpre ter en conta, ademais, que este servizo é moi posible que sexa posteriormente subvencionado tanto pola Deputación da Coruña –que achega unha contía de 12.000 € anuais para servizos deste tipo–, como pola Xunta de Galicia, que aínda que nos últimos anos reduciu notablemente a súa colaboración, é posible que este ano tamén achegue unha pequena cantidade, o que fai que, se non a totalidade, a gran maioría do custo dese servizo sexa asumido por outras administracións, sen achegaren practicamente nada para el os concellos de Vimianzo e Zas.

E coma en calquera outro ámbito, as políticas lingüísticas para que sexan eficaces e eficientes, precisan de recursos legais, económicos e técnicos e teñen que desenvolvérense dun xeito planificado, para o que é imprescindible a dignidade e a estabilidade dos departamentos técnicos que as executan. E isto é imposible de acadar con servizos de normalización lingüística en condicións precarias que aparecen e desaparecen, como vén acontecendo nestes dous concellos desde o ano 2005.

Por todo o dito, a CTNL demanda que os concellos de Vimianzo e Zas revisen as ditas bases para a selección de persoal técnico de normalización lingüística, de xeito que garantan a dignidade e a estabilidade do Servizo de Normalización Lingüística, necesario para o desenvolvemento de políticas lingüísticas serias e activas para a posta en valor do galego.


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego