15-02-2016Asemblea, vermú e xantar de 20 aniversario da CTNL
Vinte anos non é pouco. Vinte anos non é nada. Nestes días celebramos os 20 anos da CTNL... Si, 20 anos! E, claro, queremos celebrar contigo este tempo de traballo en lingua e queremos facelo de dúas maneiras... Cunha festa sesión vermú e cun xantar!
Foi o 10 de febreiro de 1996 cando tivo lugar a primeira asemblea da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). Desde aquela, moitas ideas, incorporacións, traballo, ilusións, proxectos, xuntanzas, denuncias, encontros, campañas, propostas, cursos...
E, claro, queremos celebrar contigo este tempo de traballo en lingua, queremos facelo xa o mesmo día da asemblea xeral 2016 e queremos facelo de dúas maneiras...
...CON MÚSICA E FESTA, NUNHA SESIÓN VERMÚ COA PUNKESTRA CHUMEIRAS- Día: sábado 20 de febreiro.
- Lugar: Restaurante A Nave de Vidán.
- Hora: a partir das 13.00 h.
...CUN XANTAR DE 20 ANIVERSARIO- Día: sábado 20 de febreiro.
- Lugar: Restaurante A Nave de Vidán.
- Hora: 14.30 h.
- Menú: lacoada (lacón, chourizos, patacas, grelos, viño tinto e outras bebidas, queixo e rosca de sobremesa e café de pota).
- Prezo: 20 euros.
- Confirmación: debes confirmar a túa asistencia ao xantar ata o 16 de febreiro, no enderezo-e info@ctnl.gal ou no teléfono 629 571 950.
ASEMBLEA XERAL DA CTNL- Día: sábado 20 de febreiro de 2016.
- Hora da primeira convocatoria: 10.00 h.
- Hora da segunda convocatoria: 10.30 h.
- Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez 44. Santiago de Compostela).
Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio
7. Elección de nova Xunta Directiva
8. Rolda aberta de intervencións
Elección da Xunta DirectivaSegundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse
presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (até o mércores 17 de febreiro, ás 10.00 h), para o que se deberá enviar a candidatura completa por correo electrónico a info@ctnl.gal, na que deberán figurar os nomes, apelidos e
números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre contando co visto e prace desas persoas.