22-02-2016Anxos Sobriño, nova presidenta da CTNL

Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 20 de febreiro foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Anxos Sobriño, con Rosa Moreiras como secretaria e Queca Carballo como tesoureira.
Coincidindo coa celebración dos 20 anos da CTNL, a entidade das persoas que traballan en lingua tamén desenvolveu a súa Asemblea Xeral anual, na que, ademais da avaliación e aprobación da xestión, contas e proxectos, tamén se elixiu nova Xunta Directiva.
Así,
Anxos Sobriño asumiu a presidencia en substitución de Nel Vidal, quen estivo á fronte da entidade durante os últimos nove anos. O resto do equipo directivo electo está formado por
Rosa Moreiras, como secretaria (técnica de normalización lingüística do Concello de Ames),
Queca Carballo, como tesoureira (lingüista da Aula de Produtos Lácteo da USC) e as/os vogais
Adela Pita (do Concello de Narón),
David Cobas (formador e dinamizador lingüístico),
Dores S. Alegre (da Deputación da Coruña),
Silvia Muíño (do Concello de Betanzos),
Soco G. Conde (do Concello de Santiago de Compostela) e
Tono Formoso (da empresa Fabaloba).
A nova presidenta,
Anxos Sobriño (O Rosal, 1971) é licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Traballou no Instituto da Lingua Galega (ILG) e como técnica de normalización lingüística no Concello do Rosal. Posteriormente foi durante tres anos tradutora intérprete na Dirección Xeral de Xustiza da Xunta e, desde 2005, é técnica superior lingüista na Audiencia Provincial de Pontevedra.