22-02-2016Axudas para a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos de Pontevedra e para a dinamización lingüística por parte de entidades
A Deputación de Pontevedra publica dúas liñas de axudas para a dinamización do galego na provincia: para a creación de servizos de normalización en concellos e para accións de dinamización lingüística por parte de entidades sociais. O prazo de solicitude remata o 15 de abril e o 23 de marzo, respectivamente
AXUDAS PARA A DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA NOS CONCELLOS DE PONTEVEDRA-Beneficiarios: concellos de até 50.000 habitantes.
-Obxecto: creación ou mantemento de servizos de normalización lingüística ou programas de dinamización da lingua galega en concellos sen SNL.
-Orzamento: 150.000 €
-Axuda que se concede: até 8.000 € para SNL e até 6.000 para actividades.
-Prazo de solicitude: até o
15 de abril.
-
Convocatoria, en .pdf, aquí>AXUDAS PARA A DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA POR PARTE DE ENTIDADES DE PONTEVEDRA-Beneficiarios: entidades sen fin de lucro que actúen na provincia de Pontevedra.
-Obxecto: certames xornalísticos, literarios ou teatrais; festivais de música; accións de fomento do galego na cultura, no comercio e nas tecnoloxías de información e da comunicación; recoñecemento a persoas ou colectivos que aposten pola lingua.
-Orzamento: 275.000 €
-Axuda que se concede: até un máximo do 100% da actividade subvencionada.
-Prazo de solicitude: até o
23 de marzo.
-
Convocatoria, en .pdf, aquí>