15-03-2016Premio ao mellor proxecto de webserie en galego no Carballo Interplay

O Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca nesta III edición un premio ao mellor proxecto de webserie en galego, co obxectivo de incentivar a produción audiovisual na nosa lingua.
Co fin de “fomentar a creación dixital innovadora, en lingua galega e para o mundo", en palabras da súa directora,
Sonia Méndez, o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay convoca un
premio ao mellor proxecto de webserie en galego.
PremioEste premio terá unha dotación económica de 1.500 euros, que se deberán destinar á producións de, polo menos, tres capítulos da webserie.
PrazoPoderán presentarse proxectos
ata o 11 de abril de 2016.
Proxectos finalistasEntre todos os proxectos recibidos o comité de selección do festival escollerá un máximo de cinco proxectos. Os finalistas terán que defender o seu proxecto cun
piching ante os membros do xurado específico para esta convocatoria. O
piching será aberto ao público e terá lugar o
5 de maio no Auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.
Xurado específicoO xurado específico estará composto por profesionais do mundo das webseries e da produción en liña, do audiovisual e da dinamización lingüística, un representante do Concello de Carballo e un representante do equipo directivo do festival. Valorarase a creatividade e orixinalidade da proposta, así como a súa viabilidade de cara á produción.
Información sobre o festival
aquí>