27-03-2016Hitzargiak. Linguas que se iluminan mutuamente

Hitzargiak é un proxecto enmarcado na Capitalidade Europea da Cultura de Donostia 2016 e ten como obxectivo compilar accións europeas de revitalización lingüística para favorecer o intercambio de información entre as comunidades lingüísticas.
Inclúe accións como o Modelo Burela, Gústame o galego ou Apego.
“Queremos coñecer prácticas adecuadas, interesantes, eficaces, exemplares e inspiradoras para revitalizar as linguas europeas!” Con este chamamento, o proxecto
Hitzargiak. Linguas que se iluminan mutuamente convídanos a formar parte del.
O
obxectivo principal do proxecto é
consolidar una rede de contactos das comunidades lingüísticas de Europa, para que que se coñezan e alimenten mutuamente e conseguir así unha
maior eficacia nos procesos de revitalización das linguas locais.
A través do
web danse a coñecer boas prácticas que se desenvolveron ou se están a desenvolver en procesos de revitalización de linguas minorizadas de Europa. Así mesmo, tamén serve para pór en contacto os axentes que participan nestas actividades, que poderán xuntarse e intercambiar experiencias nun
encontro que se vai organizar
no vindeiro mes de xuño.
Con todo, o proxecto
Hitzargiak non finalizará co encontro. A plataforma virtual seguirá en funcionamento
recompilando e canalizando relacións e colaboracións para que no futuro se continúe a tecer a rede construída ata ese momento.
Neste primeiro momento, o
comité científico do proxecto
Hitzargiak escolleu once boas prácticas galegas, que poden aumentar no futuro:
-
Modelo Burela-
Club de Debate-
Apego -
Tíralle da lingua-
Cantalingua-
Agasallo -
Gústame o galego-
Como cho digo ;-)-
Clube da lingua- Documental
A memoria da lingua-
Escolas de ensino galego SementeMáis información
aquí>