CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


14000 votos
Votar | | | |


07-04-2016

Medra o Apego á lingua: o proxecto Apego amplíase a 23 concellos e a unha poboación de máis do millón de habitantes

Tras facer un ano, o proxecto Apego medra ata acadar os 23 concellos. O 9 de abril terá lugar o acto de adhesión dos novos membros, no Centro Ágora, ás 12:00. O Concello da Coruña agasallará as persoas asistentes cun concerto de “Arrolos de salitre”, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández.



O programa Apego ten xa un ano de andaina

En marzo de 2015, asinaban un protocolo de colaboración os concellos da Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois, Santiago de Compostela e Vigo. Nacía así o programa Apego para promover e arroupar a transmisión da lingua ás nenas e nenos.

Os concellos participantes puxeron en marcha diversas accións, centradas nas crianzas entre 0 e 6 anos mais que abranguen os diferentes contextos da vida dos nenos e nenas. Deseñáronse e distribuíronse materiais específicos, organizáronse actividades, achegáronse argumentos, información e recursos…, para as familias e para os profesionais. En todas as accións do proxecto resalta a valoración positiva da lingua e a necesidade de que colectiva e individualmente nos comprometamos con este herdo para que no futuro as nosas cativas e cativos poidan seguir a gozar del.

O Apego mantense desde os servizos de normalización lingüística dos concellos participantes, impulsado inicialmente pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). Para a súa difusión recórrese tamén á rede, a través do web www.apego.gal e da páxina de Facebook www.facebook.com/apego.gal.

Amplíase agora a colaboración a 23 concellos e a unha poboación de máis do millón de habitantes

A comunidade creada arredor do Apego foi medrando con miles de nais e pais que se foron sumando, cun amplo seguimento nas redes sociais e tamén coa cooperación entre entidades diversas.

Chegou o momento de incorporar outros concellos que manifestaron o seu interese por implementaren este programa desde os respectivos servizos de normalización lingüística. Coa colaboración destes 23 concellos, o proxecto Apego chegará agora a unha poboación que supera o 1.100.000 habitantes, entre a que está a das principais áreas urbanas, onde máis cómpre incentivar e facilitar a socialización en galego da infancia.

O próximo sábado 9 de abril, asinarán a adhesión 11 novos concellos promotores de Apego pola lingua: A Coruña, Ames, Mazaricos, Moaña, Muros, Oleiros, Ponteceso, Rianxo, Ribadeo, Teo e Vimianzo. Deste xeito, poderase chegar a máis familias para cumprir cos obxectivos sinalados e estenderase o programa a municipios de variado tamaño, situación sociolingüística ou posición xeográfica.

O acto de adhesión dos novos concellos terá lugar ás 12.00 h no Centro Ágora da Coruña. Nel intervirán, ademais do alcalde da Coruña, outras/os alcaldesas e alcaldes de concellos que asinan o acordo.

O Concello da Coruña, como anfitrión da sinatura do acordo, agasallará as persoas asistentes cun concerto de “Arrolos de salitre”, con Xabier Díaz e Guillerme Fernández. O concerto será aberto e de balde, até completar a capacidade da sala.

Neses novos concellos que asinan a colaboración o sábado, o proxecto comezarase a desenvolver de maneira efectiva no prazo de tres meses, aproximadamente.

Máis información no web de Apego.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2019
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego