CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


9267 votos
Votar | | | |


02-05-2016

XIII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras: as túas ideas teñen premio

XIII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras
Os SNL das tres universidades galegas, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocan a décimo terceira edición do Premio "Luísa Villalta” a Iniciativas Normalizadoras, para premiar ideas e campañas para a promoción do galego. Prazo: até as 14:00 do 28 de outubro de 2016


O XIII Premio Luísa Villalta a Iniciativas Normalizadoras está convocado Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nel pode participar calquera membro da universidade, ben a título individual, ben en grupo.

MODALIDADES
O premio conta con dúas modalidades, cada unha cun premio diferente

-Campaña normalizadora: deseño dunha campaña que desenvolva unha iniciativa orixinal e que teña como obxectivo fomentar o uso do galego no ámbito universitario. A proposta deberá conter un punto de partida, os obxectivos que se perseguen, a metodoloxía que se vai empregar, as actividades que se pretenden desenvolver, a planificación temporal, as persoas implicadas e as que implica e a estimación orzamentaria.
Premio: 1.200 euros

-Idea para a promoción do galego: idea que explique razoadamente unha proposta cuxo obxectivo sexa fomentar o uso do galego no ámbito universitario. Constará obrigatoriamente dun informe sobre a idea, a súa motivación, os seus obxectivos e a súa incidencia social.
Premio: 800 euros

PARTICIPANTES
O concurso está dirixido a todos os membros da comunidade universitaria galega (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo), así como aos seus respectivos centros adscritos.
Poderanse presentar todas aquelas persoas que o desexaren de xeito individual ou en grupos. Coa constitución de equipos preténdese favorecer a participación dos colectivos que teñen entre os seus obxectivos pular pola normalización do galego, como as comisións de normalización lingüística, as asociacións estudantís, etc.

PRAZO
Para a presentación de proxectos hai de prazo até o 28 de outubro de 2016 (ás 14.00 h).

Bases e información completa aquí >

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego