17-05-2016Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Redondela
No BOE do 16 de maio de 2016 publicouse o anuncio da convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Redondela como persoal laboral fixo. Prazo para presentar solicitudes: 20 días naturais desde o día seguinte á publicación no BOE.
Logo da publicación das bases específicas para a convocatoria da praza no BOP do 22 de abril, e do extracto da convocatoria no DOG do 2 de maio, o pasado 16 de maio saíu o anuncio da convocatoria no BOE. Desta maneira ábrese o proceso selectivo para unha
praza de técnico/a de normalización lingüística, como persoal laboral fixo, no
Concello de Redondela. A praza está equiparada ao
subgrupo A2 da función pública.
REQUISITOS:
grao en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués), Lingua e Literatura Galegas
ou equivalentes (considérase equivalente a posesión dunha
diplomatura [
sic] nas mesmas especialidades) sempre que tamén se posúa o certificado de lingua galega do nivel 4 (
Celga 4).
[
A CTNL solicitou ao concello redondelán a modificación destes requisitos e que a praza se equiparase ao subgrupo A1.]
SISTEMA DE SELECCIÓN: oposición libre, con tres exercicios:
- desenvolvemento dun tema de carácter xeral,
- desenvolvemento dun tema da parte xeral do temario e de dous da parte específica, e
- realización dun suposto práctico.
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOE.
Bases específicas publicadas no BOP de Pontevedra (en .pdf)
Extracto publicado no DOG (en .pdf)
Anuncio publicado no BOE (en .pdf)
Modelo de solicitude (en .pdf)