CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


12462 votos
Votar | | | |


17-05-2016

Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Redondela

Concello de Redondela
No BOE do 16 de maio de 2016 publicouse o anuncio da convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Redondela como persoal laboral fixo. Prazo para presentar solicitudes: 20 días naturais desde o día seguinte á publicación no BOE.



Logo da publicación das bases específicas para a convocatoria da praza no BOP do 22 de abril, e do extracto da convocatoria no DOG do 2 de maio, o pasado 16 de maio saíu o anuncio da convocatoria no BOE. Desta maneira ábrese o proceso selectivo para unha praza de técnico/a de normalización lingüística, como persoal laboral fixo, no Concello de Redondela. A praza está equiparada ao subgrupo A2 da función pública.

REQUISITOS: grao en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués), Lingua e Literatura Galegas ou equivalentes (considérase equivalente a posesión dunha diplomatura [sic] nas mesmas especialidades) sempre que tamén se posúa o certificado de lingua galega do nivel 4 (Celga 4).

[A CTNL solicitou ao concello redondelán a modificación destes requisitos e que a praza se equiparase ao subgrupo A1.]

SISTEMA DE SELECCIÓN: oposición libre, con tres exercicios:
- desenvolvemento dun tema de carácter xeral,
- desenvolvemento dun tema da parte xeral do temario e de dous da parte específica, e
- realización dun suposto práctico.

PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOE.

Bases específicas publicadas no BOP de Pontevedra (en .pdf)
Extracto publicado no DOG (en .pdf)
Anuncio publicado no BOE (en .pdf)
Modelo de solicitude (en .pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xullo de 2020
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
        1 2 3 4 5
    6 7 8 9 10 11 12
    13 14 15 16 17 18 19
    20 21 22 23 24 25 26
    27 28 29 30 31   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego