01-06-2016A CTNL solicita ao Concello da Estrada a continuación do proceso selectivo para a praza de TNL

Tras máis de sete meses co proceso selectivo paralizado, a CTNL dirixiu un escrito ao Concello da Estrada para solicitar que se retome e se resolva o máis axiña posible o proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a de normalización da lingua (TNL).
O
18 de setembro de 2015 o Concello da Estrada anunciou no seu web a
convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. A
noticia nese momento era esperanzadora, pois a contratación da persoa seleccionada estaba prevista ata a reincorporación do titular da praza. Desta maneira, podía dárselle
continuidade e estabilidade ao labor técnico de normalización da lingua no concello estradense.
O
5 de outubro de 2015 publicouse a
listaxe provisional de admitidos/as e excluídos/as. Desde esta data, non se produciu ningún outro trámite, nin sequera a publicación definitiva de admitidos/as e excluídos/as, o que supón
case oito meses de paralización do proceso selectivo.
Varios/as candidatos/as comunicáronlle á CTNL que, a pesar de pedir información sobre os motivos desta demora, non recibiron ningunha aclaración nin explicación.
A CTNL lamenta a paralización do proceso, pois supón
prexuízos para o concello, tanto
económicos (imposibilidade de concorrer ás axudas da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia para o mantemento de SNL) como
técnicos (ausencia dun servizo de normalización lingüística que planifique, deseñe, xestione e avalíe accións de dinamización lingüística, entre outras funcións).
Convocatoria do proceso selectivo, en .pdfSolicitude da CTNL, en .pdf