07-06-2016Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Muros

O Concello de Muros anuncia a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O contrato será en réxime de interinidade . Prazo para presentar solicitudes: até o 17 de xuño de 2016.
O Concello de Muros publicou
no seu web a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística como persoal laboral temporal (contrato de interinidade).
SISTEMA DE SELECCIÓN: concurso-oposición:
- Cuestionario tipo test de 30 preguntas na fase de oposición.
- Baremo sobre experiencia laboral e formación na fase de concurso.
REQUISITOS:
- Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente.
- Celga 5.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
até o 17 de xuño de 2016.
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos procedementos do art. 38 da Lei 30/1992. Neste último caso debe remitirse
copia por fax (981762257).
TEMARIO:Tema 1. Os servizos de normalización lingüística: definición, organización e funcións. A Dinamización, a formación e o asesoramento desde un SNL.
Tema 2. Principais recursos lingüísticos en rede para o traballo dun SNL.
Tema 3. A lexislación lingüística. O marco normativo xeral. A Lei de normalización lingüística. A normativa no ámbito local e na función pública.
Tema 4. O Plan xeral de normalización da lingua galega.
Tema 5. A linguaxe administrativa: erros frecuentes, pautas de mellora.
Tema 6. O Concello de Muros. Toponimia, organización territorial e xeografía.
Anuncio en .pdfBases en .pdfModelo de solicitude, en .pdf