CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


12024 votos
Votar | | | |


13-06-2016

Traballando en lingua no ámbito socioeconómico

O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua da UdC centrará este ano o seu programa na situación da lingua no ámbito socioeconómico. Terá lugar os días 6 e 7 de xullo no Fórum Carballo. Prazo de inscrición aberto até o 30 de xuño.


O Curso de verán sobre dinamización lingüística #traballandoenlingua chega neste 2016 á súa duodécima edición. É un encontro anual estabilizado onde se fan análises, debates, reflexións e propostas prácticas de cara á mellora do proceso de normalización da lingua galega, traballando o discurso, os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos, etc. Está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña coa colaboración do Concello de Carballo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a CTNL.

Inscrición: o prazo de matrícula neste curso está aberto até o 30 de xuño de 2016, e o número de prazas está limitado a 60 persoas, que se cubrirán por orde de inscrición.

O galego como valor engadido para empresas e produtos

Na edición deste ano representantes do ámbito da lingua e do sector empresarial reuniranse os días 6 e 7 de xullo de 2016 no Fórum Carballo para traballar arredor de algo moi importante para o presente e o futuro do idioma: o uso e o prestixio do galego no ámbito socioeconómico. Así, o programa inclúe sesións para analizar a situación da lingua galega no ámbito da empresa e o comercio, os motivos desa situación e os factores e condicionantes que a provocan e que poden ser claves para mellorala. Tamén se darán a coñecer e avaliaranse experiencias positivas sobre o uso da lingua galega, ou que procuran o uso do galego en comercio, empresa produtos ou publicidade. E, finalmente, hanse propor medidas de intervención que procuren mellorar o uso e o prestixio da lingua galega neses ámbitos.

En definitiva, un curso que busca mellorar o uso e o prestixio da lingua na empresa, nos comercios, nos produtos, na publicidade, nos negocios, etc.

Deste xeito, comezará o mércores 6 coa presentación do Plan de dinamización da lingua no tecido económico 2015-2020 por parte do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez. A continuación será a vez do presidente da Confederación de Empresarios/as de Galicia (CEG), Antonio Dieter Moure, que falará da lingua como valor positivo de identificación empresarial. A mañá do primeiro día rematará cunha mesa redonda con representantes de empresas de diverso tipo que destacan polo uso do galego na comunicación, como é o caso de R (participará a súa responsable de comunicación, Malú Bergantiños), Deleite(falará o seu voceiro, Pedro González) e Todo Lar (que estará representada polo seu xerente, José Manuel Naya).

Pola tarde, o profesor da Universidade de Vigo Fernando Ramallo fará unha análise sobre os espazos da lingua galega no ámbito socioeconómico. A continuación, Xosé González, voceiro do Foro Enrique Peinador falará da experiencia deste grupo de empresas a prol do uso da lingua propia. Tamén haberá unha análise sobre o uso do galego na publicidade, que fará Chechu Pérez, publicista da Universidade de Vigo. Rematará a primeira xornada coa intervención da artesá zoqueira Elena Ferro (Eferro) sobre a dignificación e posta en valor do propio.

A segunda e última xornada do curso comezarase falando da paisaxe lingüística comercial, a partir do exemplo de Carballo. Un traballo que farán as xornalistas Paula Vázquez e Noelia Antelo, que tamén guiarán un paseo comentado pola paisaxe lingüística comercial polas rúas, feira e mercado de Carballo, combinado con arte urbana. A continuación, a presidenta da Unión de Consumidores/as de Galicia (Ucgal), Ana Olveira, falará da lingua como valor para as persoas consumidoras, e o xestor internacional e profesor da Universidade da Coruña, Jakson Renner, falará sobre o galego como valor turístico. Rematará a mañá coa intervención de María Xosé Jamardo Curros (Grupo Alfas) sobre as potencialidades do galego nas empresas de novas tecnoloxías.

Xa pola tarde, representantes das empresas Imaxín, Reverso e Fabaloba contarán as súas experiencias sobre os servizos para a posta en valor da lingua nas empresas e, a continuación, o decano de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, Anxo Calvo, falará sobre o papel da lingua na responsabilidade social corporativa das empresas. Rematará o curso cunha análise e debate de conclusións e ideas para un mellor futuro do galego no ámbito empresarial, algo que guiará o comunicador, xestor e escritor Ramón Vilar Landeira.

#QuedamosenCarballo: Prezos alcanzables para todos e todas

Os prezos de participación neste curso son de 30 € para estudantado, persoas desempregadas, membros da UDC e socios/as da CTNL, e de 50 € para o resto, e este prezo, ademais do curso, inclúe os xantares e os cafés dos dous días. Ademais, hai unha oferta de hospedaxe en Carballo para participantes no curso que vai desde os 22 € / día con almorzo incluído.

Máis información e programa completo en:

- Web do curso: www.traballandoenlingua.gal
- Páxina en Facebook do curso: www.facebook.com/traballandoenlingua


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego