14-06-2016Aprobada a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo
O Concello de Teo acaba de aprobar a Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo. Tras a fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 7 de xuño de 2016.
O
Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 7 de xuño de 2016 publicou a aprobación definitiva da
Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 31 de marzo de 2016.
Este texto do
Concello de Teo, como moitos outros que están en vigor en arredor de 40 concellos de todo o país, declara o galego como lingua propia e oficial do Concello, lingua que a Administración municipal debe usar por defecto, tanto oralmente como por escrito, en todas as súas actuacións e comunicacións.
Ao longo dos seus
15 capítulos e 24 artigos, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións con empresas privadas; no persoal ao servizo da administración; na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios; etc.
O servizo de normalización Lingüística (SNL)Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 23), e indícase que debe ser "estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais”, e fixa as súas funcións para a aplicación da ordenanza e as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística e asesoramento lingüístico.
Ordenanza para o impulso social da lingua galega no municipio de Teo, en .pdf