22-07-2016Convocatoria dunha praza de TNL no Concello de Nigrán
O Concello de Nigrán convoca unha praza de técnico/a de normalización lingüística ao abeiro das axudas para a dinamización lingüística da Deputación de Pontevedra. O contrato será de 12 meses e terá un horario semanal de 16,5 horas. Prazo para presentar solicitudes: 7 días hábiles desde a publicación do anuncio no Faro de Vigo.
O
Concello de Nigrán abre un proceso selectivo para contratar
un/unha técnico/a de normalización lingüística durante 12 meses e cun horario semanal de 16,5 horas, de luns a venres.
FUNCIÓNS DA PRAZA:- Asesorar a Administración no relacionado coa política lingüística.
- Facer seguimento do cumprimento da lexislación en materia lingüística e velar polos dereitos lingüísticos da cidadanía.
- Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da institución.
- Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos.
- Resolver dúbidas lingüísticas.
- Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega.
- Propoñer programas de dinamización e actividades concretas de concienciación lingüística.
- Difundir materiais que contribúan á tarefa normalizadora.
REQUISITOS DE TITULACIÓN:- licenciatura en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa ou Hispánica (subsección galego-portugués);
- grao en Estudos de Galego e Español ou en Lingua e Literatura Galega.
PROCESO SELECTIVO: concurso-oposición, coas seguintes probas:
-
Proba práctica co fin de valorar o dominio do idioma: unha tradución e a redacción dun documento administrativo.
-
Proba oral sobre aspectos profesionais e técnicos.
-
Puntuación do currículo: concurso de méritos.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
sete días hábiles desde a publicación do anuncio no
Faro de Vigo. Este anuncio publicarase o domingo día
24 de xullo. Para os efectos de cómputo de prazos, cómpre ter en conta que
o día 1 de agosto de 2016 é inhábil en Nigrán.
Bases completas e máis información no
web do Concello de Nigrán, nos departamentos de Desenvolvemento Local (986365000, ext. 7; tle.nigran@nigran.org), Información e Rexistro Municipal.
As bases e o modelo de solicitude tamén están dispoñibles, en formato .zip, como anexo a esta nova.