CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


20106 votos
Votar | | | |


29-08-2016

Propostas da CTNL para as eleccións galegas do 25 de setembro

Parlamento de Galicia
A CTNL enviou ás principais organizacións políticas que se presentan ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 25 de setembro de 2016 diversas propostas en materia de política lingüística. Nelas recóllense aspectos como o labor transversal en normalización lingüística, a necesidade do traballo técnico dos SNL, a formación de adultos, etc.


A normalización lingüística é un proceso social que procura a xustiza no ámbito sociolingüístico, para que os galegos e as galegas poidamos manter a visión do mundo desde a óptica que só nos pode dar a lingua propia do noso territorio. É responsabilidade de todos e todas contribuírmos deste xeito a conservar a diversidade e a riqueza lingüística e cultural do mundo, para que poidamos manter esas visións e chamarlles ás cousas cos nomes xenuínos que aquí se lles deron.

Por iso, as administracións teñen a obriga legal e a responsabilidade social de apoiar e promover ese proceso e, así, deben implementar políticas lingüísticas activas, dinámicas e integradoras que poñan en valor a lingua propia e que fomenten o seu uso e prestixio en todos os ámbitos, para procurar que o galego se empregue con normalidade no comercio, no deporte, no asociacionismo, entre a mocidade, nas novas tecnoloxías, no ensino, na cultura, na comunicación, no lecer, nas empresas, nos parques, nos centros de saúde, etc.

Desde a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), instamos as organizacións políticas a incluíren no seu programa para as eleccións autonómicas de 2016 os seguintes puntos relativos á política lingüística desde a administración autonómica, como complemento a outras iniciativas que poidan ter para a normalización da lingua galega:

- Realizar un traballo transversal co obxectivo de fomentar o uso e o prestixio do galego en todos os ámbitos e sectores. Para isto, a Secretaría Xeral de Política Lingüística debe estar posicionada na cúspide da organización. Esta medida permitirá a transversalidade real e a acción nos diferentes ámbitos de goberno e sociais, algo imposible de desenvolver de xeito efectivo relegándoa a unha consellaría concreta.

- Destinar recursos económicos, técnicos e económicos abondos para implementar o Plan xeral de normalización da lingua galega nos ámbitos e sectores prioritarios para dar prestixio á nosa lingua e fomentar o seu uso.

- Desenvolver medidas que favorezan e promovan o traballo técnico en normalización lingüística a través de SNL estables, con capacidade de intervención social, dotados de recursos humanos e económicos abondos e con funcións claramente dinamizadoras, formativas e de asesoramento. Só desta maneira se poden planificar, deseñar, desenvolver e avaliar accións co obxectivo de promover o prestixio e o uso da lingua galega. Así mesmo, para a optimización dos recursos destinados á normalización da nosa lingua, recomendamos establecer canles de colaboración e coordinación entre servizos de normalización lingüística.

- Deseñar unha formación en lingua galega para adultos que chegue a toda a poboación, de maneira coordinada cos servizos de normalización lingüística e contando cun corpo de profesorado estable que, alén de impartir os cursos e realizar as probas de certificación, deseñe materiais didácticos específicos para este tipo de formación. A CTNL elaborou en 2012 unha Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga (.pdf).

- Promover e aprobar textos lexislativos que teñan como obxectivo potenciar o uso da lingua galega e darlle prestixio, alén de incluír cláusulas que axuden a promover o uso e o prestixio da lingua galega e os dereitos lingüísticos na lexislación non especificamente lingüística. En consecuencia, derrogar as normas que supuxeron un retroceso no proceso de normalización da lingua galega, como por exemplo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego