CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


13750 votos
Votar | | | |


01-09-2016

Desta vez si..., subimos ao Pindo!

Subida ao monte Pindo 2016
Intentámolo hai tres anos e a néboa non nos deixou. Agora probamos de novo e esperamos ter mellor sorte. O 24 de setembro cargaremos baterías despois do verán subindo ao Olimpo Celta!



As persoas que traballamos polo galego estamos acostumadas aos esforzos, e de moitos tipos, e, como seguro que imos ter que seguir facéndoos, desde a CTNL propomos unha xornada de convivencia, saúde, natureza, paisaxe e, por que non, tamén cun chisco de esforzo conxunto. Así que o sábado 24 de setembro botaremos a lingua de fóra...: subiremos ao monte Pindo!

E isto, por que?
Pois porque tamén podemos facer unha actividade xuntas/os sen ser directamente de traballo. Porque tamén nos podemos ver sen ser nun curso, nunha xuntanza, nunha asemblea, nuns encontros, nunha manifestación... Porque así tamén ensinamos a lingua. Porque no camiño están as ideas. Porque é importante facermos grupo. Porque o Pindo o merece. Porque se fai camiño ao andar. Porque si. Porque nos peta e queremos e dános a gana.

Pois eu vou! Como e cando me anoto?
Perfecto! Envía un correo electrónico co teu nome e teléfono ao enderezo info@ctnl.gal até o 19 de setembro e así xa contamos contigo, ou con vós. É importante que te anotes, por aquilo de termos a previsión de participación. E temos que ser moit@s ;-)

Cal é o plan e o horario previsto?
Quedamos ás 10.30 h do sábado 24 de setembro diante da igrexa, na parroquia do Pindo (Carnota), alí ao pé da praia [en Google Maps]. Cómpre sermos moi puntuais, ven con tempo! (Por exemplo, para chegar desde Santiago pódeche facer falta preto dunha hora e media, desde A Coruña algo máis e desde Pontevedra preto de dúas horas). Arrancamos puntuais e, despois de camiñarmos uns 4,5 km, contamos con chegarmos arriba, á Moa, sobre as 13.30 h. Observamos, falamos, aprendemos, xantamos (cada quen debe levar a súa comida), descansamos..., e comezamos a baixar sobre as 16.00 h. Aí sobre as 18.00 h, máis ou menos, chegaremos abaixo, e se o tempo acompaña, se queremos, aínda nos poderemos dar un baño na praia ou coñecer algo máis por alí.

A ver se non me esquezo de nada... Que cómpre levar?
Pois tendo en conta que é unha subida ao monte dunhas dúas horas e media, e que imos xantar arriba cada quen coa comida que leve, pensa en que cousas podes necesitar, como por exemplo: roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar polo monte, mochila, chuvasqueiro (non vaia ser o demo), gorra, protección solar (tamén, non vaia ser o demo), cámara de fotos, xantar (que non pese moito para levar na mochila), auga (mellor en cantimplora, que vai fresquiña e é reutilizábel), roupa de baño (por se queres despois aproveitar a praia), espírito de convivencia, paciencia, ánimo, gañas de pasalo ben conxuntamente, conversa, etc.

Que?, a que non vas faltar?

-Organiza: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), que convoca esta subida para botar a lingua de fóra

-Colabora: Asociación Monte Pindo Parque Natural, que nos acompañará, e aproveitamos para amosarlle o noso apoio para que o Pindo sexa declarado parque natural!

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego