21-09-2016Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso
O
Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 14 de setembro de 2016 publicou a aprobación definitiva da
Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso, unha proposta que foi aprobada no Pleno municipal o 30 de maio de 2016.
Este texto do
Concello de Ponteceso, como moitos outros que están en vigor en arredor de 40 concellos de todo o país, declara o galego, como lingua propia e oficial de Galicia, idioma oficial do Concello, o que supón que é a lingua que a Administración municipal debe usar por defecto, tanto oralmente como por escrito, en todas as súas actuacións e comunicacións.
Ao longo dos seus
14 capítulos e 23 artigos, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e encargo e contratación de servizos; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións e con empresas privadas; por parte do persoal ao servizo da administración; na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios; etc.
O servizo de normalización Lingüística (SNL)Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 22), e indícase que debe ser "estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais”, e fixa as súas funcións para a aplicación da ordenanza e as súas tarefas nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística e asesoramento lingüístico.
Ordenanza para o impulso da lingua galega no Concello de Ponteceso, en .pdf.