30-09-2016Nova edición do Obradoiro de pensamento creativo
A CTNL organiza unha nova edición do Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira en Santiago de Compostela o 9 e o 10 de novembro de 2016.
POR QUE ESTE OBRADOIRO?No traballo cotián en normalización da lingua
buscamos sempre ideas novas e orixinais, pero ás veces temos dificultade para chegar a elas ou para dinamizar os grupos de participación que nolas fornecen. En moitas ocasións fáltannos
técnicas para superar de maneira
creativa estas eivas.
Con este obradoiro,
aprenderemos ferramentas que nos axudarán a explorar a fondo os problemas e os retos, a xerar ideas en equipo e a buscar solucións de maneira creativa entre todas/os.
CALES SON OS OBXECTIVOS?-Proporcionar aos/ás participantes no obradoiro unha
formación avanzada en materia de creatividade.
-
Aprender a desenvolver dinámicas que incrementen a motivación e a capacidade de mobilización do equipo.
-Ser quen de
implementar en grupos accións que consigan
activar a creatividade das persoas co fin de aplicala para a xeración de proxectos que favorezan o uso da lingua e incrementen o seu prestixio.
QUEN NOS VAI GUIAR E AXUDAR?Natalia Nogueira López, enxeñeira industrial, xerente de Serviguide Consultoría e especialista en xestión da innovación.
Alén disto, ten
certificacións en diversos métodos para desenvolver a creatividade:
Método Lombard, Desing Thinking, Creative Problem Solving e Lego Serious Play Method.
QUEN PODE PARTICIPAR?-Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
-Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino
-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
Para o bo funcionamento do obradoiro, poderán participar un
máximo de 16 persoas.
PRAZO DE INSCRICIÓN-
Do 5 ao 25 de outubro de 2016
AVISO:
non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.
Información completa e formulario de inscrición.