06-10-2016Simposio ILG 2016: Antroponimia e lexicografía
O simposio, cunha duración de 10 horas repartidas en sesións vespertinas do 24 ao 26 de outubro, terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. O seu
obxectivo é
o estudo da antroponimia, principalmente en relación coa lexicografía e articúlase arredor de
dous eixes principais. En primeiro lugar, presentaránselles a autores de dicionarios europeos de nomes ou apelidos
cuestións comúns do tratamento lexicográfico da antroponimia.
No segundo dos eixes, trataranse
temas específicos sobre os nomes e os apelidos galegos: a súa situación no século XVII, diversos fenómenos fonéticos ou morfolóxicos que os afectan especificamente, a dimensión simbólica que cobran nos usuarios e a cuestión da normalización social.
PROGRAMALuns, 24 de outubro16.30. Apertura
17.00. Patrick Hanks (University of Wolverhampton/University of the West of England): “British and American dictionaries of surnames”
18.00. Dieter Kremer (Universität Trier/Leipzig): "Os dicionarios antroponímicos na Europa románica. Unha visión desde o PatRom"
19.00. Alda Rossebastiano (Università di Torino): “Dizionari antroponimici italiani: problemi e soluzioni”
Martes, 25 de outubro17.00. Consuelo García Gallarín (Universidad Complutense de Madrid): “Del antropónimo al nombre común en la lexicografía”
18.00. Ana Boullón (Instituto da Lingua Galega-Universidade de Santiago de Compostela): “Estrutura do Dicionario dos apelidos galegos”
19.00. Gonzalo Navaza (Universidade de Vigo): “Particularidades fonéticas e morfolóxicas en apelidos galegos”
Mércores, 26 de outubro17.00. Xosé Mª Lema (Real Academia Galega): “Os primeiros apelidos documentados dunha parroquia galega: Berdoias (séc. XVII)”
18.00. Luz Méndez (Instituto da Lingua Galega, Real Academia Galega): "Seseo, gheada e estandarización de apelidos"
19.00. Valentina Formoso (IES Félix Muriel, Rianxo) / Ana Iglesias (Universidade de Vigo): “Aproximación ao valor simbólico dos nomes e apelidos”
20.00. Clausura
Inscrición: 30€, ou 15€ para estudantes, desempregados e pensionistas. Inscricións abertas até o día 24 ás 12.00 h.
Máis información e inscrición, no
web no Instituto da Lingua Galega.