30-11-2016Chega Youtubeir@s, o novo proxecto colaborativo dos SNL

Youtubeir@s ten como principal obxectivo
incrementar a presenza da nosa lingua na rede Youtube. É unha iniciativa dirixida a
maiores de 14 anos e está organizada polos
servizos de normalización lingüística de
once concellos e das tres
universidades galegas. Inclúe un
concurso de vídeos e
formación específica de videocreación.
QUE É YOUTUBEIR@S?- É un
concurso de vídeos en galego para Youtube.
- É tamén
aprendizaxe, pois inclúe
formación específica de videocreación que organizarán os servizos de normalización lingüística que promoven este proxecto.
QUE MODALIDADES HAI NO CONCURSO?Existen dúas modalidades:
-
Vídeo-facermos: para videotitoriais onde explicar saberes e procesos de elaboración (receitas, instalación de programas informáticos, traballos manuais, etc.)
-
Vídeo-opinarmos: para contar a opinións e valoracións sobre calquera tema (libros, filmes, ou outras obras de creación, problemas de actualidade...)
HAI MÁIS REQUISITOS?Hai, son os seguintes:
- Cómpre ter
máis de 14 anos para inscribir un vídeo.
- Os vídeos debe ter unha
duración máxima de
5 minutos.
- Os vídeos deben estar
baixo licenzas Creative Commons.
- Os vídeos deben estar
en galego, xaora!
- O contido dos vídeos non pode ser comercial nin publicitario nin promover mensaxes violentas, denigrantes ou ofensivas.
XA ME ESTOU A ANIMAR... CAL É O PRAZO? COMO INSCRIBO O MEU VÍDEO?- O
prazo para inscribir os vídeos é
do 1 de decembro de 2016 até o 28 de abril de 2017.
- Para inscribir o vídeo ou vídeos, só cómpre
subilos á canle Youtube e
anotar os datos no web de Youtubeir@s, na pestana
Inscríbete. Cada autor ou autora pode inscribir tantos vídeos como desexe.
SE GAÑO..., QUE PREMIOS PODO LEVAR?Haberá un premio por cada categoría e catro mencións honoríficas:
- Categoría
vídeo-facermos: 1.000 €
- Categoría
vídeo-opinarmos: 1.000 €
- Mención á
creatividade: 500 €
- Mención á
eficiencia comunicativa: 500 €
- Mención á
calidade técnica: 500 €
- Mención á
calidade lingüística: 500 €
E SE NON SEI FACER VÍDEOS...O
proxecto Youtubeir@s tamén ofrece
formación:
obradoiros de videocreación que se desenvolverán no primeiro trimestre do ano 2017.
Estas actividades formativas serán organizadas polos servizos de normalización lingüística dos concellos e das universidades que promoven este proxecto.
QUEN PROMOVE ESTA INICIATIVA?A idea de Youtubeir@s xurdiu en 2015, no marco do
IX Curso de verán de dinamización lingüística "Traballando en lingua", organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa CTNL e a SXPL e dedicado á mocidade.
E agora desenvólveno os
servizos de normalización lingüística dos
concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, O Grove, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela e Teo e os servizos de normalización lingüística das
universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, tras un ano de
traballo colaborativo entre as catorce institucións.
Bases do concurso e información completa sobre este proxecto no
web Youtubeir@s.