21-12-2016Aprobada a Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos
O
Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 21 de decembro de 2016 publicou a aprobación definitiva da
Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos.
Este texto do consistorio brigantino declara o galego como
idioma oficial do Concello, idioma que empregará "en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".
A ordenanza betanceira ten
23 artigos distribuídos en 14 capítulos. Ao longo do articulado, regúlase o uso do galego e a acción lingüística do concello na atención ao público; na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; no persoal ao servizo da Administración; e na toponimia e nomes de rúas, emprazamentos e edificios. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma, na calidade lingüística e no uso dunha linguaxe democrática e inclusiva.
O servizo de normalización Lingüística (SNL)Os obxectivos e as funcións do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal tamén quedan establecidas nesta ordenanza (art. 22), e indícase que debe ser "estable dotado con medios materiais e humanos suficientes co obxecto de impulsar a normalización e procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego a todos os niveis e ámbitos sociais, e de coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza”. Así mesmo, fixa as súas funcións nas áreas de dinamización sociolingüística, formación sociolingüística e asesoramento lingüístico.
Ordenanza para o impulso da lingua galega no concello de Betanzos, en .pdf