02-01-2017Bases da convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para servizos de normalización lingüística

A
Deputación Provincial da Coruña anunciou hoxe as
bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL, dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais. Prazo de presentación de solicitudes: até o 31 de xaneiro.
A Deputación Provincial da Coruña publicou hoxe no BOP da provincia as
bases específicas reguladoras da convocatoria de axudas dirixida a concellos, agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais da provincia para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística.
ENTIDADES BENEFICIARIASPoderán solicitar esta subvención
concellos da provincia da Coruña de
5.000 ou máis habitantes ou
agrupacións de concellos e mancomunidades que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes. Neste ano 2017 redúcese o número mínimo de habitantes respecto da convocatoria do ano pasado (as axudas do 2016 requirían unha poboación mínima de 7.000 habitantes).
MODALIDADES DE AXUDAS:Coma o ano pasado, a convocatoria prevé
tres modalidades de axudas:
-
creación de novos servizos de normalización lingüística
-
mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
-
reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia, A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela)
IMPORTE DAS AXUDASO importe total do crédito consignado (
480.000 euros) distribuirase a partes iguais entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha
cantidade fixa máxima de 12.000 euros. Con este importe financiaranse as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).
PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESDe acordo coa base 7.1 da convocatoria, os prazos de inicio e fin de presentación de solicitudes determinaranse a partir da publicación no BOP da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (
BDNS).
INICIO DO PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESNo BOP da Coruña do 11 de xaneiro de 2017 publicouse o
extracto da convocatoria e estableceuse o
prazo para a presentación de solicitudes:
até as 14:00 h do 31 de xaneiro de 2017.
Así mesmo, tamén se especifica o
prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas:
até as 14:00 horas do 30 de abril de 2018.
Bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf.
Extracto da convocatoria, en .pdf.
ADDENDASNo BOP do 13 de marzo publicouse a concesión provisional destas subvencións:
resolución en .pdf>No BOP do 10 de abril publicouse a concesión definitiva destas subvencións:
resolución en .pdf>