24-01-201711 de febreiro, asemblea xeral e xantar

O sábado 11 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar a partir das 11:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao que poden acudir socios/as e non socios/as.
ASEMBLEA ANUAL DA CTNLA Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral Ordinaria o sábado 11 de febreiro, a partir das 11.30 h en primeira convocatoria e das
12.00 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.
-Día:
sábado 11 de febreiro de 2017
-Hora: primeira convocatoria,
ás 11.30 h; segunda convocatoria, ás
12.00 h-Lugar: Restaurante Espazo Cultural
A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela)
Convocatoria completa en .pdf.Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [
Acta da Asemblea Xeral do 20 de febreiro de 2016, en .pdf]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [
Informe de xestión do ano 2016, en .pdf]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [
Propostas de acción da CTNL para 2017, en .pdf]
6. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
7. Cambios de responsabilidades na Xunta Directiva
8. Rolda aberta de intervencións
Documentación para a Asemblea Para preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, podes consultar
aquí a documentación necesaria.
As/Os socias/os poden remitir por correo electrónico todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.
XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICAO mesmo día da Asemblea da CTNL teremos, no mesmo espazo, un
xantar aberto de confraternidade lingüística, no que pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.
• Lugar: Restaurante
A Nave de Vidán | www.anavedevidan.com
• Hora:
14.30 h.
• Menú:
cocido (sopa, cacheira, lacón, costela, polo, vitela, garavanzos, patacas, grelos, chourizos, filloas, pan, viños, cafés e licores).
• Prezo:
25 euros.
• Confirmación: agradecemos a confirmación de asistencia ao xantar o máis axiña posible. En todo caso,
até o 7 de febreiro, no enderezo
info@ctnl.gal ou no teléfono
629571950.