CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


8758 votos
Votar | | | |


24-01-2017

11 de febreiro, asemblea xeral e xantar

Asemblea da CTNL
O sábado 11 de febreiro a CTNL desenvolverá a súa Asemblea Xeral anual. Terá lugar a partir das 11:30 da mañá no espazo cultural A Nave de Vidán. Posteriormente celebrarase un xantar de confraternidade lingüística no mesmo espazo, ao que poden acudir socios/as e non socios/as.


ASEMBLEA ANUAL DA CTNL
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en Asemblea Xeral Ordinaria o sábado 11 de febreiro, a partir das 11.30 h en primeira convocatoria e das 12.00 h en segunda, na Nave de Vidán, en Santiago de Compostela.

-Día: sábado 11 de febreiro de 2017
-Hora: primeira convocatoria, ás 11.30 h; segunda convocatoria, ás 12.00 h
-Lugar: Restaurante Espazo Cultural A Nave de Vidán (Avda. da Mestra Victoria Míguez, 44, Santiago de Compostela)

Convocatoria completa en .pdf.

Orde do día:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [Acta da Asemblea Xeral do 20 de febreiro de 2016, en .pdf]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [Informe de xestión do ano 2016, en .pdf]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas
5. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [Propostas de acción da CTNL para 2017, en .pdf]
6. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
7. Cambios de responsabilidades na Xunta Directiva
8. Rolda aberta de intervencións

Documentación para a Asemblea
Para preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva, podes consultar aquí a documentación necesaria.

As/Os socias/os poden remitir por correo electrónico todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.

XANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICA
O mesmo día da Asemblea da CTNL teremos, no mesmo espazo, un xantar aberto de confraternidade lingüística, no que pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.
• Lugar: Restaurante A Nave de Vidán | www.anavedevidan.com
• Hora: 14.30 h.
• Menú: cocido (sopa, cacheira, lacón, costela, polo, vitela, garavanzos, patacas, grelos, chourizos, filloas, pan, viños, cafés e licores).
• Prezo: 25 euros.
• Confirmación: agradecemos a confirmación de asistencia ao xantar o máis axiña posible. En todo caso, até o 7 de febreiro, no enderezo info@ctnl.gal ou no teléfono 629571950.


Ligazóns relacionadas


Convocatoria Asemblea Xeral da CTNL 2017

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego