25-01-2017Bolsa de emprego de TNL no Concello de Narón
O
Concello de Narón publicou no BOP da Coruña de hoxe a inclusión na
bolsa de traballo de 2017 dunha
praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentación de solicitudes é de
20 días naturais.
O
Concello de Narón acaba de anunciar a creación dunha
bolsa de emprego para a cobertura temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. No
Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicouse o
anuncio da convocatoria e no
web do concello están o Regulamento da selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón, o modelo de solicitude e o formulario de presentación de méritos.
TITULACIÓN REQUIRIDA: licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección galego-portugués), ou Grao en Lingua Galega.
PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES:
20 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (até o 14 de febreiro)
SISTEMA DE SELECCIÓN:
concurso de méritos en que se valorará:
- a
superación de probas selectivas relacionadas co posto no Concello de Narón
- a
experiencia laboral na mesma especialidade, corpo, escala, subescala ou categoría no Concello de Narón, noutras administracións e noutras entidades ou empresas
-
cursos relacionados coa actividade- coñecemento da lingua galega (só se valorará o grao superior que se alegue)
Tamén se poderá realizar unha
entrevista persoal (opcional) de acordo co que decida o órgano de selección e tendo en conta as características do posto.
Anuncio no BOP, en .pdfRegulamento, modelo de solicitude e formulario para alegar os méritos, tamén en formato .pdf