CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


12940 votos
Votar | | | |


25-01-2017

Bolsa de emprego de TNL no Concello de Narón

Concello de Narón
O Concello de Narón publicou no BOP da Coruña de hoxe a inclusión na bolsa de traballo de 2017 dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. O prazo para presentación de solicitudes é de 20 días naturais.


O Concello de Narón acaba de anunciar a creación dunha bolsa de emprego para a cobertura temporal dunha praza de técnico/a de normalización lingüística. No Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicouse o anuncio da convocatoria e no web do concello están o Regulamento da selección de persoal funcionario interino e laboral temporal do Concello de Narón, o modelo de solicitude e o formulario de presentación de méritos.

TITULACIÓN REQUIRIDA: licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección galego-portugués), ou Grao en Lingua Galega.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: 20 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP (até o 14 de febreiro)

SISTEMA DE SELECCIÓN: concurso de méritos en que se valorará:

- a superación de probas selectivas relacionadas co posto no Concello de Narón
- a experiencia laboral na mesma especialidade, corpo, escala, subescala ou categoría no Concello de Narón, noutras administracións e noutras entidades ou empresas
- cursos relacionados coa actividade
- coñecemento da lingua galega (só se valorará o grao superior que se alegue)

Tamén se poderá realizar unha entrevista persoal (opcional) de acordo co que decida o órgano de selección e tendo en conta as características do posto.

Anuncio no BOP, en .pdf
Regulamento, modelo de solicitude e formulario para alegar os méritos, tamén en formato .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Febreiro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego