13-02-2017VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña

O Premio “Rosalía de Castro” de promoción da lingua galega está destinado a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico, quer no ámbito da provincia, quer a nivel galego. Terase especialmente en conta o traballo con aqueles sectores de especial relevancia para o futuro do galego.
Destinatarios/asCalquera persoa , colectivo, asociación ou entidade ligada a proxectos de promoción do galego, coa súa residencia ou sede social no territorio galego e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña.
Méritos que se valoran– Tarefa continuada desenvolvida a favor da promoción da lingua galega.
– Actuacións concretas (previstas ou desenvolvidas) no ano 2017 a favor da dignificación social da lingua galega.
– Uso habitual e digno do galego nas súas actividades e nos seus servizos.
– Campañas de información e/ou publicitarias en galego.
– Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.
– Labor dirixido especialmente aos tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade.
O xurado poderá valorar outros méritos, que dará a coñecer, das persoas, colectivos ou entidades que se propoñan.
PremiosEstablécense
dúas categorías con cadanseu premio de 3.000 euros:
– Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2017 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que máis destaque na promoción da lingua galega
– Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2017 a aquela persoa, colectivo, entidade ou asociación que realice un traballo específico cos tramos da poboación de menor idade, infancia e mocidade
Presentación de propostasPode presentar propostas calquera persoa ou entidade, mais non está permitido autocandidatarse.
Prazo de presentación de propostasDo 13 de febreiro ao 30 de xuño de 2017
Como e onde se presentan?As propostas presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña, avda. do Porto 2, 15006 A Coruña (usando o modelo de solicitude anexo ás bases e indicando no sobre VIII Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2017) ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dacoruna.gal
Bases completas, en .pdf