CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


13970 votos
Votar | | | |


30-05-2017

Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña

Deputación Provincial da Coruña
O pasado 26 de maio o Pleno da Deputación Provincial da Coruña aprobou por unanimidade a Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña. O texto completo pode consultarse no BOP de hoxe.


O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 30 de maio de 2017 anuncia a publicación provisional da Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña.

Este texto declara o galego como idioma oficial da Deputación, lingua que empregará "en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coas cidadás, cos cidadáns e con todas as entidades situadas en Galicia e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

A ordenanza da deputación coruñesa ten 21 artigos distribuídos en 13 capítulos. Ao longo do articulado, regúlase o uso do galego e a acción lingüística da institución provincial na atención ao público; na documentación e actuación administrativas; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais, contratación de servizos e relacións coas empresas privadas; na sinalización e rotulación; nas relacións con outras administracións; no persoal ao servizo da Administración; e na toponimia. Tamén se establece a responsabilidade da deputación no impulso institucional do idioma, na calidade lingüística e no uso dunha linguaxe democrática e inclusiva.

A Unidade Técnica de Normalización Lingüística(UTNL)

Os obxectivos e as funcións da Unidade Técnica de Normalización Lingüística (UTNL) tamén quedan establecidos no artigo 21 desta ordenanza. As tarefas que desenvolva este departamento técnico deben configurarse en catro áreas: dinamización sociolingüística, formación sociolingüística, asesoramento lingüístico, deseño dun programa de colaboración e axudas para a creación de servizos de normalización lingüística nos concellos da provincia e outras.

Ordenanza de uso da lingua galega na Deputación da Coruña, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xuño de 2021
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego