01-06-2017Bases para a contratación dun TNL no Concello de Sada
O Concello de Sada publicou
no seu web as bases que rexerán a convocatoria dunha praza de
técnico/a de normalización lingüística en réxime de contratación laboral temporal. A selección farase mediante
oposición e o prazo para presentar solicitudes será de
10 días naturais desde a publicación das bases no BOP da Coruña.
O
Concello de Sada anuncia un proceso selectivo (oposición) para contratar un/unha
técnico/a de normalización lingüística, a
xornada completa, en réxime de
contratación laboral temporal.
FUNCIÓNS DA PRAZAConsistirán na posta en marcha do servizo municipal de normalización lingüística, e divídense en funcións xerais internas, de dinamización lingüística, de formación, de asesoramento interno e de coordinación con outras administracións.
XORNADA DE TRABALLO E DURACIÓN DO CONTRATO A xornada laboral será
a tempo completo e o a duración do contrato será desde a súa formalización
até o 31 de decembro de 2017.
REQUISITOS DE TITULACIÓN- licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués)
- grao en Lingua e Literatura Galegas,
- outras titulacións de grao ou licenciatura sempre que se estea en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5)
SISTEMA DE SELECCIÓN A selección efectuarase mediante
oposición, que se dividirá en dous exercicios obrigatorios e eliminatorios:
1º exercicio: proba teórica (cuestionario de 30 preguntas e mais 5 de reserva)
2º exercicio: proba práctica sobre as tarefas que se van desenvolver no posto de traballo.
PRAZOSerá de
10 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no
Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
A convocatoria publicouse no
BOP do 8 de xuño; daquela, o prazo é
do 9 ao 19 de xuño (por coincidir o último día do prazo en día inhábil, de acordo co artigo 30.5 da
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).
TAXASA taxa de participación no proceso selectivo ascende a
25 euros.
Poden consultarse as bases, que inclúen o temario,
aquí.
Bases publicadas no BOP, en .pdf