17-06-2017A CTNL solicitoulle ao Concello de Cambre a modificación das bases da convocatoria dunha praza de TNL
A CTNL dirixiuse ao Concello de Cambre para solicitarlle a modificación da relación de funcións na convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística, así como a supresión de temas específicos non acordes coas funcións específicas dunha praza de TNL.
O
Concello de Cambre convocou recentemente un
proceso selectivo (concurso-oposición) para contratar un/unha técnico/a de normalización lingüística interino/a e para elaborar dunha listaxe de reserva para nomeamentos de técnicos/as de normalización lingüística interinos/as.
Nesta convocatoria establécense como
tarefas que deberá desenvolver a persoa que se seleccione
"elaborar un manual básico de documentación administrativa e xurídica". Desta forma,
restrínxense os labores do/da futuro/a técnico/a á área de asesoramento lingüístico e, en concreto, á elaboración de modelos documentais.
Por tanto,
a CTNL solicítalle ao Concello de Cambre que amplíe as funcións do posto de traballo dentro das áreas xeral, de dinamización lingüística, de formación sociolingüística e de asesoramento lingüística. Alén disto, esas funcións ampliadas concordan en xeral co temario especifico, que si abrangue todas estas áreas de coñecemento.
TEMAS ESPECÍFICOS DE CULTURAA segunda solicitude da CTNL ao Concello de Cambre ten que ver co
temario específico desta convocatoria. Nel inclúense os seguintes temas:
- Tema 14. Definición de cultura. Cultura, política e territorio: conceptos básicos
- Tema 15. Os axentes culturais: concepto, clasificación e funcións
- Tema 16. As institucións culturais como organizacións da complexidade [sic]
- Tema 69. A produción, a distribución e o consumo da mensaxe publicitaria na industria cultural
De acordo coa
listaxe de funcións que se anexa coa solicitude,
o contido destes temas non é específico para os labores que ten que desenvolver un/unha técnico/a de normalización lingüística. Xa que logo, solicitamos ao Concello de Cambre a
supresión destes temas do temario específico de técnico/a de normalización lingüística.
Solicitude da CTNL, en .pdfAnexo á solicitude, en .pdf.