05-07-2017Bolsa para a contratación de TNL no Concello de Vigo
O
Concello de Vigo publicou no BOP de hoxe as bases que rexerán a convocatoria dun proceso selectivo para nomeamentos interinos como
técnico/a de normalización lingüística. A selección farase mediante
oposición libre e o
prazo para presentar solicitudes será de
20 días naturais.
O
Concello de Vigo anuncia un
proceso selectivo (oposición libre) para a formación dunha bolsa de emprego para nomeamentos interinos como
técnico/a de normalización lingüística (subgrupo de contratación A2). As bases publicáronse no
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do
5 de xullo de 2017.
OBXECTO DA CONVOCATORIADe acordo coas bases, o obxecto da convocatoria é a selección de persoal para a
formación dunha bolsa de emprego de
técnico medio de normalización lingüística, subgrupo A2, que permita a cobertura interina prevista no artigo 10.1 do Estatuto básico do empregado público. A duración da bolsa de emprego será dun máximo de tres anos.
REQUISITOS DE TITULACIÓNGrao en
Filoloxía Galego-Portuguesa,
Filoloxía Galega ou
Filoloxía Hispánica (sección Galego-Portugués),
Lingua e Literatura Galegas ou equivalentes sempre que tamén se posúa o
certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5).
SISTEMA DE SELECCIÓN A selección efectuarase mediante
oposición libre, que se desenvolverá en tres exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:
1.
Exercicio teórico de
desenvolvemento de tres temas elixidos aleatoriamente polo tribunal, dous da parte específica do temario e un da parte xeral.
2.
Suposto teórico-práctico relacionado coas materias que integran o temario específico e relativo ás tarefas propias da praza.
3. Corrección ou redacción dun texto (
redacción administrativa).
PRAZOO prazo de presentación de solicitudes será de
20 días naturais desde o seguinte ao da publicación das bases no BOP, é dicir,
até o 26 de xullo (por ser día non lectivo o 25 de xullo).
Bases completas, en .pdfInformación sobre a convocatoria no web do Concello de Vigo (inclúe o modelo de solicitude presencial).